O chamado Taro Blanco é unha curiosa formación xeolóxica situada na cima da montaña que cae ao río Pequeno pola súa banda esquerda, sobre os pobos de Meiraos, Vilasivil e Miraz.

Trátase dunha gran masa de roca calcaria de cor clara, que destaca fortemente sobre a verde paisaxe circundante.Nos seus arredores sitúase un frondoso piñeiral, e as vistas do val do Lor son impresionantes.

O Taro Blanco ten algo especial máis aló dos seus 1.200 e pico metros de altura. Poida que sexan as súas características formas redondeadas, ou os afloramientos de calcaria que asoman aquí e alá baixo un manto vexetal que é dun verde intenso a maior parte do ano.

Era unha montaña moi especial para Paco López, o axente forestal andaluz afincado en O Caurel e tamén para o seu amigo e colega de profesión Alejandro G. Lagarón. As cinzas de ambos repousan no cume de O Taro Branco.