Os chamados " caleiros" son relativamente abundantes no Caurel, e chamarán a atención daqueles que non coñezan a súa función.

Trátase de antigos fornos de cal, onde se cocía a roca calcaria para obter, tras un laborioso proceso, o cal vivo necesario como material de construción en tempos remotos.

Son construcións circulares feitas en pedra, xeralmente lousa, que se enchían ata a metade con leña e encima colocábase a pedra calcaria.

Logo de cubrir todo con terra, acendíase o forno, e tras varios dias ardendo, recollíase o cal vivo, que logo se trituraba ata formar un pó fino.