Esta fervenza atópase moi próxima á aldea de Seara (uns 200 metros) nun roteiro de sendeirismo que vai dar á lagoa de Lucenza (lagoa glaciar) e á devesa dá Rogueira.

Duns 20 metros de altura, a forma o río Seara (afluente do Selmo) e cae formando unha ampla poza.

Toda a zona está rodeada de bosque autóctono e sitúase a uns 1000 metros de altitude.