O Courel é unha zona na que abundan os xacementos arqueolóxicos castrexos. Os asentamentos celtas en todo o concello son moi abondosos, aínda que mal conservados pola acción dos buscadores de tesouros e a reutilización de dos seus materiales pra a construcción de vivendas.
Algunhos deles, como os da Torre e o de Vilar, foron recentemente arranxados en parte. Acostuman a estar situados en sitios estratéxicos, dominando os ríos e antigos camiños da serra.
Na maioría deles podense ver restos dos muros defensivos, fortificacions, conduccións de auga e algún petroglifo.
No castro de Torre Cabreira foron atopados unha táboa de hospitalidade romana e unha águia de bronce pertencente a un estandarte das lexións romanas, que dominaron a zona pola abundancia de minerais auríferos, como suxiren as minas de A Toca e O Turubio.