Está situado no km. 25 da estrada LU-651, nun carreiro que parte á dereita a unhos 500 m. Dista unhos 2 km. de Folgoso.

Iste castro ten 6 fosos defensivos sembrados de pedras de pizarra fincadas verticalmente, e observanse muros de ata 3 m. de ancho. Tamén hai restos de vivendas feitas sobre terrazas.

Iste Castro ocupa un emprazamento en altura que domina, xunto co de Fouciños, a conca alta do Lor. Iste é un castro sen excavar centificamente, polo que non se pode asegurar a sua cronoloxía, pero parece formar parte do conxunto de castros que configuran unha articulación territorial do Courel na época romana ligada ás minas de ouro (finais s.I-s II dC).

Hai unha liña de castros a mitade da ladeira, unidos por vías que sin duda son obra da inxeniería romana, e outra de castros do rio Lor, ligados a aquela dalgunha maneira, pois debaixo de cada castro de media ladeira hai outro no río.