O castro ocupa un teso de forma circular cun manantial no seu interior.A posición intercepta a vía paralela ó Lor, polo que a súa función debeu ser controlala. De feito, os desmontes da estrada actual destruiron parte do foso e os terraplenes exteriores do castro.

Iste é un castro sen excavar centificamente, polo que non se pode asegurar a sua cronoloxía, pero parece formar parte do conxunto de castros que configuran unha articulación territorial do Courel na época romana ligada ás minas de ouro (finais s.I-s II dC).

Hai unha liña de castros a mitade da ladeira, unidos por vías que sin duda son obra da inxeniería romana, e outra de castros do rio Lor, ligados a aquela dalgunha maneira, pois debaixo de cada castro de media ladeira hai outro no río. Iste castro lígase co da Torre, que o domina.

Polos anos 50, un carboeiro atopou unha placa de bronce que representa un xinete con armadura e casco, hoxe desaparecida. Iste achadego fortuito fixo que se realizasen moitas excavacions clandestinas en anos posteriores.