Saíndo no km. 33 da estrada LU-651, pola que vai hacia Parada e Moreda, á metade do camiño entre ditos pobos, hai que coller un carreiro á esquerda que cruza o río Rugueira e enfrente está o monte Cido.

Ocupa a cima do monte nunhos 2 km. de lonxitude, defendido por 3 fosos polo Leste, e unha torre. Un muro percorre todo o castro a modo de espiña ó longo dun kilómetro. Hai tamén unha necrópole de enterramento dentro do castro, e a mediado do século XX atopáronse en excavacions clandestinas unha tessera de hospitalidade e unha aiga de bronce altoimperiales que hoxe se conservan no museo de Lugo. Tamén hai un alxibe e un foso.

O castro de Cido ou Torre Cabreira é posiblemente un dos maiores e mais inaccesibles da serra. Atópase na parte superior dun macizo alongado dunhos 3 km. de lonxitude, e exténdese ó longo dunhos 1.900 m. Na vertente norte, unha forte escarpadura sirvelle de defensa natural.

No lado Leste, o mais vulnerable, practicáronse 3 fosos relativamente apartados entre sí. Xunto ó primeiro dos fosos, na parte interior do castro, atópanse os cimentos dunha gran torre defensiva que posiblemente orixinóu o mentado topónimo de Torre Cabreira.