Iste conplexo castrexo é, xunto co da Torre, o mais orixinal dos castros do Courel. Atópase situado ó borde dun precipicio sobre a marxe esquerda do Lor, enfronte do pobo de Vilamor.

Accedese a el por unha estrada que sae do Alto do Boi (km. 13 da LU-651) e chega ó pobo de Vilar. A unhos 500 m., unha vez pasado o pobo, está o castro. Á entrada hai unha capeliña adicada a S. Roque.

Iste castro foi rehabilitado en parte e posúe paredes defensivas e algunhas vivendas circulares. Tamén se atoparon nel restos de cerámica prehistórica.