Tamén chamado de Sobredo, iste poboado castrexo é dos mais espectaculares do Courel, xunto co de Vilar. O acceso está no km. 31 da estrada LU-651, pola que sae hacia Sobredo, Seceda e O Incio. Pouco antes de Sobredo, nun gran promontorio, está o castro.

Cunhas vistas espectaculares da serra, ten a particularidade de que hai paredes que sustentaron o teito de varias vivendas. O castro da Torre está construído nun espolón de lousa, e é un dos mellor conservados do Courel.

En 1993 foi rehabilitado parcialmente iste asentamento, o que permite apreciar os restos de varias vivendas de forma redondeada, cadrada e rectangular. Á entrada do castro pódese ver un depósito de auga tallado na pena. Na parte norte hai un gran foso defensivo aberto na pena viva, cunha lonxitude de 120 m., unha anchura media de 20 m. e unha profundidade que chega a acadar os 15 m.

Na parte baixa, a mais accesible e que da ó camiño, hai tres fosos consecutivos entre os cales se fincaron verticalmente pedras afiadas como medio defensivo. Asimesmo, forn atopados resto de cerámicas prerromanas e obsérvase a estructura dunha torre cadrada que da nome ó castro.

O foso defensivo mide unhos 100 m. e a profundidade é de 15 a 20 m. de altura. Hai tamén un curioso depósito de auga excavado na pena.