Situados no pobo de Sobredo, pola estrada que vai hacia Seceda e O Incio, síguese a estrada e na loma seguinte aparece o castro, á esquerda da estrada.

Ocupa un emprazamento en altura que domina, xunto ó da Foz, a conca alta do rio Lor, defendido da parte alta da ladeira por un fondo foso excavado na pena polo que pasa tamén o camiño (de trazado romano) que o comunica cos outros castros.

Está sin excavar, polo que non pode asegurarse a cronoloxía, pero parece formar parte do conxunto de castros que configuran unha articulación territorial do Courel en época romana, ligados ás minas de ouro (s. I-s:II dC)

Hai unha liña de castros a media ladeira, unidos por camiños que sen dúbida son obras de inxeniería romana e outra de castros ó nivel do río.