Tamén coñecido como Pena do castro, está protexido por catro fosos entre os que se intercalan franxas de terreno cubertas de lousas afiadas fincadas no chan, como medida pra dificultar o acceso a posibles atacantes.

Tamén hai restos de muros de gran anchura. Iste é un castro sen excavar centificamente, polo que non se pode asegurar a sua cronoloxía, pero parece formar parte do conxunto de castros que configuran unha articulación territorial do Courel na época romana ligada ás minas de ouro (finais s.I-s II dC).

Hai unha liña de castros a mitade da ladeira, unidos por vías que sin duda son obra da inxeniería romana, e outra de castros do rio Lor, ligados a aquela dalgunha maneira, pois debaixo de cada castro de media ladeira hai outro no río.

Iste ocupa un emprazamento baixo cercano a Vilamor.