Emprazado nas proximidades do pobo de Esperante, perto do castro de Esperante, ten a particularidade de que hai restos de vivendas de prante cadrada, a diferencia da maioría, que as tiñan circulares. Tamén hai vivendas circulares, restos de cerámica e un muíño de man incompleto.

Ocupa un teselo inmediato á ponte que cruza o río Lor. Na parte mais accesible ten un foso excavado na pena e restos da croa central, con forma rectangular, de 23 m. no seu eixo maior e con paredes de 1,6 m. de anchura. Ö facerse primeiro a pista e despois a estrada, foi danado no fos e as defensas exteriores.

Iste é un castro sen excavar centificamente, polo que non se pode asegurar a sua cronoloxía, pero parece formar parte do conxunto de castros que configuran unha articulación territorial do Courel na época romana ligada ás minas de ouro (finais s.I-s II dC).

Hai unha liña de castros a mitade da ladeira, unidos por vías que sin duda son obra da inxeniería romana, e outra de castros do rio Lor, ligados a aquela dalgunha maneira, pois debaixo de cada castro de media ladeira hai outro no río. Niste caso ligase co de Piñeira, que o domina.

Xusto debaixo do castro, no río Lor, hai un aluvión procedente da explotación en época romana pra sacar ouro. Está xusto enfrente do camping de Seoane, despois de cruzar o rio Lor.