Iste é o castro mais alto do Courel. Chégase a el dende o pobo de Mercurín, por unha pista que vai en dirección NO ata o pé do monte Palas (1240 m).

O castro atópase a 200 m. de dito monte. Está emprazado a unhos 1.000 m. de altura, a pouca distancia do pobo de Mercurín.

Atópase en tal estado de ruina que é casi imposible diferenciar os restos das construccions da pedra caliza que os rodea.

A vista dende aquí é abraiante, cun cantil case vertical, podendose divisar os pobos ó largo do percorrido do río Pequeno: Seoane, Meiraos, Vilasivil e Miraz.