O subsolo do Caurel está perforado por unha vasta rede de covas e simas, nas que os aficcionados a este tema atoparán aqui un escenario perfecto para a práctica da espeleología.
Esténdense ao longo dos bancos calizos do Caurel, pertencentes ás formacións de Vegadeo, Cándana e Aquiana, do cámbrico da Era Primaria. Teñen poucas formacións, xeralmente de aspecto irregular.
Son covas "vivas", aínda en formación, polas que adoitan circular correntes de auga, e algunhas presentan un alto grao de descalcificación.
Para a exploración destes lugares deben tomarse algunhas precaucións:
Estar asociado a algún club de montaña ou espeleología.
Estar federado. Ir en expedicións organizadas, con xente experimentada e material adecuado.
Ter un seguro de accidentes para calquera continxencia.
Posuír unha condicións fisicas e psiquicas mínimas para esta modalidade
Ser respectuoso co medio ambiente e non arrincar rocas do seu interior.
Non deixar desperdicios.