A entrada a esta cova atópase casi no cimo do monte, próxima a Céramo, unha aldea practicamente abandoada no Val de Visuña. A cova de Arcoia é posiblemente a mais bonita de Galiza en canto a formacions.

Contén impresionantes estalactitras e estalagmitas, formadas ó lonog de miles de anos por precipitación dos minerais contidos nas augas subterraneas que se filtran pouco a pouco a traves do teiro da cova.

Esta cova atópase a 20 minutos andando desde onde se deixa o coche, entrando e saíndo polo mesmo sitio. Normalmente non soe ter demasiada auga. O acceso está reservado a espeleologos expertos, e podense atopar floritas, formacions calizas e galerías con estructuras cristalinas.

Resto óseos pretencentes a dous corpos foron atopados na cova de Arcoia. Os restos humáns están no fondo dunha galería situada ó comenzo da cova. Creese que pertencen a represaliados na Guerra Civil.

A entrada é tan vertical que os visitantes soen pasala de largo pra dirixirse ás salas principales, onde se atopan as vistosas estalactitas e estalagmitas de Arcoia.