A cova de Tralacosta está entre as mellor conservadas da serra do Courel, seguramente debido ós atrancos que presenta o seu acceso.

A entrada -entre os pobos de Paderne e Mercurín- é dificil de localizar, e para percorrer o seu interior hai que deslizarse por fendeduras estreitas e descolgarse con cordas. A entrada da gruta non está sinalada e pra chegar a ela hai que remontar unha forte pendente polo cauce dun carrozo que só está seco na tempada de verán.

A cavidade divídese en dúas seccions. A boca da acceso a unha galería superior dunhyos 80 m. de lonxitude na que hai moi poucas formacions calizas. Dado que esta zona é relativamente accesible, ten sufrido alguns destrozos vandálicos, igual que pasa en outras covas da serra.

Ó final desa galería ábrese unha fendedura que deixo paso á parte inferior, moito mais espectacular que a primeira. A fendedura é particularmente estreita -unha persoa corpulenta non podería pasar por ela- e debaixo hai un pozo de 27 m. de altura polo que só se pode baixar coa axuda de cordaxes, sendo imprescindible contar cunha ampla experiencia en espeleoloxía e escalada.

Esta cavidade inferior, a diferencia da outra, encerra unha grande riqueza en formacions calcáreas: estalactitass, estalagmitas, bandrerolas, coladas,...

Esta paisaxe subterránea non ten sufrido alteracions e está entre as mellor conservadas da zona, xunto coas covas de Arcoia e Chao dos Mazairos.

Na súa parte mais alta -onde se abre dita fendedura- achégase ós 30 m., pero mais adiante o teito tornase mais baixo. En certa zonas podense ver as pegadas dun derrumbe que pode datar de miles de anos.