A chamada Buraca das choias está situada perto da Seara. Pola sua estensión e a gran cantidade de auga que ten todo o ano, o que require equipos especializados en espeleobuceo, non foi explorada na sua totalidade.

O coñecemento desta cova coñecida como Buraca das Choias, na serra do Courel, deu un novo paso cunha expedición realizada por dous espeleobuceadores pertencentes ó Grupo Geoceanic -Miguel Callejón Márquez e Carlos Holgado- que atravesaron dez sifons ou galerías inundadas ata chegar a un paraxe que non fora alcanzado hasta agora.

Entre cada un dos 10 sifons, hai varias cámaras aéreas -e decir, cavidades sin auga- nas que se pode camiñar e incluso permanecer durante longo tempo.