A chamada Fervenza de Rexíu, é un salto de auga duns 10 metros que está situado na estrada que vai de Folgoso a Vilamor, apenas un km. pasado a ponte de Valdomir.

Situada nunha bela paraxe, ten a particularidade de que as súas augas teñen un alto contido en ferro, o que tinguiu dunha forte cor ocre a rocha pola que se desliza e o chan circundante.

Debido á espesa vexetación que a rodea, é difícil localizala, aínda que se atopa a poucos metros da estrada.