A paisaxe do Caurel está dominado polo monte baixo, ou matogueira, e sobre todo polo bosque de castiñeiros ( souto), non habendo ningún pobo que non estea rodeado dunha espesa masa de castiñeiros. Nas devesas podemos atopar a maioría das especies vexetais galegas, sobre todo na de Rogueira, considerada a Reserva botánica de Galiza.
Isto propicia a cría e refuxio dun gran número de animais, como a curuxa ( avelaiona), o gaio, a pega rabilonga, o tordo, o corzo, o porcoteixo, a lontra e sobre todo o xabaril, que basea a súa dieta nas castañas e algunhas raíces comestibles que atopa fozando no chan, grazas ao seu desenvolvido olfacto.
No Caurel hai varios bosques autóctonos, chamados devesas. A mais coñecida é a devesa de Rugueira, considerada a reserva botánica mais importante de Galicia.
O lobo é o animal salvaxe emblemático do Caurel, sendo a súa presenza relativamente abundante, aínda que é difícil de ver, por mor dos seus hábitos nocturnos.
Noutras épocas fué común a presenza de osos pardos no Caurel, como testemuñan os numerosos albares que se conservan esparexidos polos montes. Recentemente esta especie está en recuperación, con varias familias de osos asentadas na serra.