O Caurel é un terreo ideal para a práctica do sendeirismo. Unha extensa rede de antigos camiños comunica os pobos entre si e permitiranche coñecer o verdadeiro Caurel que non verás desde a estrada.
Os roteiros en xeral non teñen demasiada dificultade, as paisaxes son impresionantes e o aire purísimo.
Aínda que non hai problema para camiñar libremente por calquera lugar, propoñemos algúns roteiros.