Ferreirós de Abaixo - Penaboa
O roteiro de sendeirismo do pico de Penaboa, na serra do Caurel, chamada o "quilómetro vertical" é considerada por moitos afeccionados ao sendeirismo como a máis dura de Galicia, dado que en apenas 4 km salva un desnivel desde os 500 aos 1.500 metros de altitude.
A creación deste itinerario débese principalmente a Orlando Gregorio Álvarez, membro da asociación ecoloxista SOS Courel, quen rozou en solitario o tramo máis complicado da subida, aínda que noutros momentos contou coa colaboración dalgúns voluntarios. En tempos máis recentes, Álvarez acondicionou outros dous carreiros que permiten chegar ata o pico e sinalizou todos estes accesos.
A camiñada non está ao alcance de calquera, xa que supón un quilómetro de subida por unha parede case vertical.
Tampouco é apta para os que sofren de vertixe, posto que un treito pasa polo bordo un barranco duns catrocentos metros de altura.