Cóllese en Seoane a estrada a Romeor (9 km.). En Romeor hai indicacións ao túnel (está a unha hora escasa do pobo).

O túnel forma parte das infraestructuras romanas de conducción de auga para a explotación das minas de ouro de Millares.

Nesa dirección a penúltima casa á dereita é o antigo muíño de auga. Para vistar o tunel é preciso levar luz e calzado apropiado para a auga.

Outro roteiro que se pode facer a pé dende Romeor é a da Devesa de Romeor. Situados na aldea, collemos o camiño que sae pasando pola vella fonte pública, en dirección Sueste. Pasamos á beira dun primeiro desvío á esquerda e collemos o segundo á dereita, que nos leva a unha parte accesible da Devesa.