Partindo de Seoane, collese a estrada a Visuña. No cruzamento que bifurca a Romeor ou Visuña, collese a dirección Visuña.

Ao pouco tempo veremos á dereita da estrada as ruínas do Castelo do Carbedo, fortaleza medieval onde estivo oculto Alfonso II o Casto. Mais adiante pásase polo Alto do Couto (km 10).

Pouco antes do Couto, mirando á ladeira dereita da estrada, vemos a Devesa de Rugueira, á que se accede polo carreiro que parte do alto.

En 5 km. chegamos a Visuña, unha gran aldea dividida en varios barrios. Seguindo a estrada, chégase a Ferramulín (km. 21), onde hai un muíño que funciona coa auga do río Selmo. Seguindo a estrada un 3 km., na marxe dereita hai un pequeno aberto para deixar os coches. A un 20 m. sae un camiño á esquerda que vai á fervenza de Vieiros.

Ao chegar polo camiño ata onde están as tres torretas de luz, hai que deixar o camiño principal e coller o carreiro da dereita, que leva directamente á fervenza. De volta na estrada, podemos seguir camiño ata a aldea da Seara.