Desde sempre, no Caurel houbo unha tradición musical continuada. Desde renombrados gaiteiros desde o século XIX, ata bandas e orquestras que puxeron a banda sonora ás festas e romarías que se celebran, preferentemente no verán, en case todos os pobos da zona.
Nomes como José Gonzalez Lopez, que formo parte dun cuarteto moi popular e despois emigrou a Bilbao e Barcelona, onde fué percusionista de diversas orquestras, ou o lendario " Cicha".
Actualmente hai abundantes instrumentistas en activo, como Domingo Balboa, Jose Rodriguez Visuña (Ferreirós), José Gonzalez Rodriguez (Santa Eufemia), Liño de Curral (Piñeira) , Gaiteiros do Carballal,e unha nova Banda de Gaitas do Caurel, que manteñen viva a tradicion musical da serra.
No apartado vocal, temos ao " brindeiro" Ribeira de Louzarela, Elvira Touzon de Santa Eufemia, Francisco Iglesias Touzon cos seus romances, os Cantores de Trabazas, Hilda de Ferreirós e Xan de Vilar, artista polifacético que creou e mantén un curioso museo etnográfico na súa localidade.
Permanecen na nosa memoria as orquestras locais, como a de Romeor, Os Louzariños, Os da Rexoa, e sobre todo Os Padernes, que animaron a nosa mocidade coas súas versións das cancións de moda da época nas festas e verbenas estivais.
Actualmente, o expoñente mais coñecido da musica no Caurel é Xosé Lois Foxo, creador do grupo Toxos e Xestas e Director da Real Banda de Gaitas da Diputacion de Ourense, que publicou numerosos traballos relacionados coa musica tradicional do Caurel e axudou a promocionar universalmente a serra.