A orquestra de Eiriz, fué outra das que animaron as festas da montaña lucense nos anos 40 a 60, xunto coa de Vos Padernes e a de Romeor. Foi creada nos anos corenta e mantivo a súa actividade ata os 60-70.

Inicialmente era un cuarteto formado por Manuel Chousa, Eladio Chousa, Santiago Gallego e Antonio González Chousa. (gaita, clarinete, caixa e bombo), que posteriormente se completou con saxo e acordeón.