Os Louzariños fundouse en 1920 e os tres músicos que deron nome á banda foron Antonio Blanco, Benigno Ríos e Amador Ríos. Desde a época da súa fundación ata a actualidade a banda, ás que se foron sumando novos membros, sempre se mantivo en activo.

A única paréntese produciuse na Guerra Civil española, desde 1936 a 1942. Antonio Blanco tiña 96 anos e tocaba a caixa. Era un dos pioneiros do grupo ao que se incorporou aos poucos anos da súa fundación. O outro membro do grupo é José Antonio Pérez, pero neste caso si se pode dicir que abandonou a actividade musical por decisión propia e hai uns anos que non acompañaba aos seus compañeiros. Era o membro máis novo con diferenza, xa que ten unicamente 65 anos.

En 1942 incorporouse á formación o único membro que agora se mantén en activo, Evaristo López Penelas. Na formación actual Antonio Blanco tocaba a caixa, Evaristo López o saxofón e José Antonio Pérez o bombo.

Actuaron en numerosas ocasións en parroquias de Becerreá, Ou Caurel, Samos, Láncara ou Navia de Suarna, así como a varios pobos da provincia de León.