Xosé Lois Foxo Rivas é o Director e Fundador da Real Banda de Gaitas de Ourense. Naceu en Romeor de Caurel (Lugo) o 12 de outubro de 1950. No Seminario de Lugo se diplóma en Ciencias eclesiásticas, onde recibirá a súa primeira formación musical da man do soado mestre Castiñeira, sendo membro da Orquestra da Schola Cantorum como clarinete e gaiteiro solista.

Posteriormente trasládase a Barcelona para proseguir cos seus estudos, licenciándose en tradución e interpretación nas linguas de alemán e inglés pola Facultade de Tradución e Interpretación da Universidade Autónoma de Barcelona. En Barcelona, Xosé Lois Foxo, funda a Escola de Toxos e Xestas , pola que pasarían centos de fillos de galegos ao longo dos dez anos que permaneceu na Cidade Condal.

Como complemento ao seu labor didáctico en prol da gaita, escribiu durante o seu período militar o libro "Os Segredos dá Gaita", actualmente na súa 6ª edición, unha publicación imprescindible para calquera estudoso da gaita galega.

Fundou o grupo Toxos e Xestas en Lugo (1.969), no ano 1.979 funda en Sabiñánigo (Huesca) unha interesante Banda militar de gaiteiros, realizando interesantes arranxos e composiciónes de marchas militares. Ao longo da súa vida artistica realizo un amplo labor como compositor. Destas obras podemos destacar composiciónes tales como " Gallaecia", composta con motivo da primeira toma de posesión do Presidente Fraga, que fué estreada por 1.500 gaiteiros na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela.

Outras obras dedicadas a personaxes soados,a Muiñeira dá Infanta Elena, Muiñeira de Wojtyla, etc., sendo condecorado repetidamente por diversas ordenes cos máximos galardóns tales como a Serenísima Orde dá Alquítara de Portomarín, Enxebre Orde dá Vieira, Cabaleiro dá Orde do viño Albariño, Distinción Grande do Caurel e moitas outras.

Actualmente Xosé Lois Foxo é Director da Escola Provincial de gaitas e da Real Banda da Deputación de Ourense; séndolle concedido o título de REAL polos Reyes de España polo seu labor de divulgación de Galicia e España. Xosé Lois Foxo és director tambien, da publicación anual, Anuario dá Gaita, que actualmente vai polo número 21, coincidindo a mesma co número de anos que o biografiado leva realizando o seu labor na Cidade das Burgas.

Con todo, o gran labor de Xosé Lois Foxo és a expansión, ensino e divulgación da gaita, debido a que actualmente o número de alumnos matriculados na Escola Provincial de Gaitas da Deputación Ourensá, ascende a once mil, algo que garante a pervivencia dun instrumento tan importante da cultura de Galicia como é a Gaita.

BIBLIOGRAFÍA

"Os Segredos da Gaita".Diputación Provincial de Ourense.

"Gran Rapsodia de Aires populares de Galicia"Diputación Provincial de Ourense.

"Tambor, tenor y bombo con florituras"Diputación Provincial de Ourense.

"Museo Internacional de Cornamusas"Diputación Provincial de Ourense.

"Cantares da Tía Antonia de Atás"Diputación Provincial de Ourense.

"Cantares da cega do Covelo"Diputación Provincial de Ourense.

"Cantares das terras das Frieiras"Diputación Provincial de Ourense.

"Os Louzeriños"Diputación Provincial de Ourense.

"Músicas do Caurel I". Diputación Provincial de Ourense

"Músicas do Caurel II". Diputación Provincial de Ourense.

"Cancioneiro das Terras do Riós", Vol. I. Diputación Provincial de Ourense, 2007.

 

OBRAS REALIZADAS

Creación da Escola de Gaitas "Toxos e Xestas" de Barcelona. -

Creación da Escola Provincial de Gaitas de la Diputación de Ourense. -

Creación da Liga Galega de Bandas de Gaitas.

 

PUBLICACIONS 

Anuarios da gaita (actualmente 21 volúmenes).

Os Segredos da Gaita (actualmente en la 6ª edición)

Música do Caurel (2 tomos).

Cantares da Terra das Frieiras (volumen I).

Cantares da Tía Antonia de Atás.

Cantares da Cega do Covelo.

Libro-son dos concertos da Real Banda a Juan Pablo II.

Cancioneiro das Terras do Riós.

Además, tiene diecinueve discos con la Real Banda de Gaitas de Ourense y compuso 150 obras de música de Galicia.

 

OUTROS DATOS DE INTERESE

Director da Real Banda de Gaitas de Ourense. Á fronte da Real Banda conseguiu, entre outros, o título de "Real"; ademais gañaron os mundiais en Glasgow en 1990 e 1993 e o trofeo da cidade de Nova York como a mellor banda do desfile de San Patricio no ano 2000.

CURRÍCULO

Estuda Humanidades, Filosofía e Teoloxía no Seminario de Lugo, concluíndo os mesmos no ano 1975, recibindo a diplomatura oficial eclesiástica en Sacra Teoloxía. No Seminario forma parte da Schola Cantorum como gaiteiro e clarinete solista.

No ano 1975 trasládase a Barcelona, licenciándose en Filoloxía Anglogermánica, así como en Tradución e Interpretación pola Universidade Autónoma de Barcelona. Posteriormente pasa a Ourense, onde funda a Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense (15 mil alumnos na actualidade) e a Real Banda.

Ten no seu haber destacadas condecoracións e medallas tales como a medalla de ouro do Vaticano, medalla de prata do Goberno de Galicia, a chave de ouro da cidade de Newark , NJ