TERMOS ESPECÍFICOS UTILIZADOS NO CAUREL
abrinxir | Abarcar, acaparar con usura | |
abesedo | Cara norte do monte, ladeira xabreira | |
acomorar | darlle unha ración de comida á parella de bois entre labouras | |
aguío | Grao moído que se añade á auga ou a comida da facenda | |
alcuseiro | Argola elíptica, que servía pra enganchar o arado no xugo | |
alimoco/limoco | Fluido viscoso que secretan as vaxinas das femias en celo | |
algarufar | espelir, esponxar | |
aliñón | Dicese do boi que embiste. | |
alláparo | Traveso, gamberro | |
alvar | Alvariza, Recinto circular para protexer as colmeas dos osos | |
ablancazado/a | De cor branco ou pálido | |
abraira | avelanieira | |
amallós | cordón de pel para atar os galochos(zocos) | |
agulleteiro | Zona do zapato donde están os cordóis | |
amarguexos | Herbas amargas | |
ameter | Medrar o caudal | |
amoiar | Facer sentir o seu peso | |
anta | Madeira contra a que pechan portas e ventás. | |
apertador | Bufo, moucho. | |
apicia | Trasnada, putada | |
apiliciado/a | Delicado/a, enfermizo/a | |
ardente | Ganceallo seco que se utilizaba pra alumar, antes do candil | |
argueiro | Argana, cangallo. Suciedade que se mete entre o ollo e o parpado | |
argana | Herba dura das penedías es secanos. | |
arrancadeira | Ultima consumicion da noite |
|
arrecadar | Frenar o carro coa parella de bois ou vacas/ tartamudear | |
arrecadén | Parella de bois enganchada á traseira do carro, que serve de freo nas baixadas | |
arrieiro | Regla das mulleres | |
arroxo | Fervenza que baiza dos prados ao romper a canle principal | |
asequeirado | Quen tiña un sequeiro ou apañaba o tercio | |
asiñar | Marcar | |
atadallo | Feixe de xestas ou estrume. | |
atramiñar | aguantar, aturar | |
atrelado | Con moitas ligaduras, unhas tensando as outras. | |
atufado / a | remangado/a, impetuoso/a | |
aurela | Beira | |
autramente | Sin embargo, de outra maneira | |
avixote | Cernícalo, ave de rapiña | |
axougarse | Acomodarse | |
axubriar | Asubiar | |
ai, galán | ay meu neno, ay meu fillo |
Baloco | Dise da bola de neve prensada entre as mans para ser arroxada contra algo ou alguén. | |
balbarote | barbilla | |
bandoxo | aparello de madeira pre quitar a puxa das castañas secas | |
bandullo | Barriga | |
banzado | Muro de pedras e torróns para conter a auga dunha presa | |
baranca | Tronco que se pon en horizontal desde un piar a outro para cerrar unha entrada a unha finca | |
baraza | Tramo de fío torcido | |
barazola | Corda de carro pequena | |
barbaña | Choviña, orballo | |
bardola | Vara longa de abraira, que serve pra varear as castañas | . |
bargado | Tabique de madeira nun cortello | . |
bargo | Lousa grosa e grande | |
barrelo | Berce, cuna | |
bicarelo | Bico, a punta mais alta | |
billarda | Xogo que constaba dun pau largo e outro mais corto apoiado nunha pedra, que se golpeaba para ver que o lanzaba mais lonxe.
|
|
bincallo | Atadura dos mollos, feita da misma palla | |
bocoy | Cuba de viño grande | . |
bombo | utensilio xiratorio para asar castañas | |
botelo | Embutido a base ca carne e ósos metidos no estomago do porco | |
bouza | Mata de arbustos | |
brelo | Rama dunha arbore, canella | |
brouco | Bronco | |
brugacio | Castañas verdes peladas e cocidas | |
bufareira | Fornela donde se van tirando as brasas do forno | . |
bulbeiro | Infeccións producidas nas máns, atribuidas ó veleno de sapo | |
buleira | Excremento das vacas | |
bulló | castaña asada | |
burdio | Muxido dos bois |
cabalo rinchon | Páxaro que rincha coma os cabalos | |
cabana | Caseta no monte para gardar a herba | |
caborco | Sitio fondo e pecho | |
cachamea | Cabeza | |
cachola | Cacheira ,cachucha | |
cachón | Baixada de auga moi violenta,cachoeira | |
calangro | Precipicio, derrubadoiro | . |
calduda | caldo feito de castañas secas | |
calellón | pasadizo estreito entre duas casas |
|
calexa | Folla ou casca que se pon nas fontes para que a auga corra por ela | |
calvoa | Tipo de castaña, de flor moi pilosa e branca | |
calzada | Muro de pedra utilizado nas presas do rio | . |
calzas do cuco | Disa das ultimas neves tardías | |
camín | Camiño | |
camiñeiro | Morea de torrons alongada pre queimar na labranza do centeo | . |
cana | Rama duna arbore ,canella | |
candias | Candeas, flores do castiñeiro | |
cangarse | atragantarse | |
cantareiro | lugar no que se gardan as potas | |
caniceira | Armazon de ripias para secar as castañas | . |
cantrocha | Vellos troncos semipodres. | |
cañota | castiñeiro oco por dentro | |
capileira | Capucha dunha prenda | |
carabullo | Pau delgado de madeira | |
carnabudo | Arbusto de nome en castelán "serbal de cazadores" | |
carrapucha | Xesta de pouca altura e moi enrramada | . |
carreiro | Sendeiro | . |
carrelo | Costas, trascarrelo | |
carro tarabelo | Especie de triciclo tradicional de madeira para xogar os nenos | |
carrozo | Depresión do monte ocupada por un regato | . |
caruncho | cacho de madeira morta e podre | |
celda | Lugar freso para gardar o chicho da matanza | . |
cello | Entrecello | |
cemba | ribado, ribazo | |
cerengo | Liña do horizonte | |
chanteiro | Tronco das berzas | . |
chapodar | Cortar dun só tallo | |
cheda | parte dianteira do carro do pais | |
chumazo | Coxinete de madeira do carro do pais | |
chicho | Carne en xeral | . |
chotada | taco de madeira delgado e alongado que se lanza a un frutal por exemplo para tirarlle a froita | |
choto | Groso tronco podre. Leña grosa | |
churras! | Voz pra chamar ás pitas | |
cibicada | ración de comida que leva o paxaro no pico para o seu fillo | |
cimprón | Maleducado, persoa que insulta sin parar á xente (Teixeira) | |
cinguideiro | Delantal | . |
cobaracha | Parte posterior do pescozo | . |
cocho | porco femia | |
cochorda | Merlo | |
coio | Pedra pequena | . |
colares | Solapas da chaqueta | . |
collabracion | Aparato reproductor externo masculino | . |
concello | Reunión de veciños dun lugar pra tratar temas propios | . |
corgo | Aparello de vaciado dun pozo polo sistema de sifón | . |
cor | Corazón | |
cordallo | Corda, trelo | |
corolos | Noces, conchos | |
cortiña | Leira murada | |
cotomelo | Tocón, tronco cortado. Tamén muñón de amputado | |
covallo | Sitio para refuxiarse da choiva | |
couso | Foso, depresión feita adrede pra caza-lo lobo | |
covaracha | Espacio entre a camisa e o pescozo | . |
coza | Raiz muy empleada como combustible no Caurel |
debrocar | Vaciar o liquido dun recipiente violentamente | . |
dédeme | leve o demo, centella queime, etc | |
degallado | Mozo degallado: Bó mozo, de bó porte | |
degaxar | Adelgazar | |
demoucar | Cortar as ramas sobrantes dos castiñeiros,demouca | |
deñar | Reparar, fixarse | |
derramar | Estragar | . |
derrubarse | Esnafrarse por unha pendente , derrubadoiro | |
dexoba | Paliza verbal ou fisica | |
dinuncela | donicela | |
eiquí | aquí | |
emburullar | Amantar o nino con trapos | |
empuliñar | Trepar por unha superficie vertical | |
empeña | Coiro dos zapatos ou galochos | |
encapoar | Requeimar o cocho na escalda | |
enciño | Aciñeira | |
encornar | quedar durmido sentado | |
encunicado / a | Arrinconado/a, reducido/a | |
enfexo | Entregado por enteiro a un traballo | |
enguruñarse | Encollerse | |
engurriado | Arrugado | |
enviso | Abstraído | |
envolquiñarse | arrastrarse polo chan | |
escachafoula | Ruido grande | |
escada | Escaleirta de madeira das cortes de gando | |
escalazarse | Escalabrarse | |
escano |
Banco de madeira con respaldo | |
escascabullado/a | Persoa lozana, de cutis fino | |
escazurrado | corrido, como non querendo ser visto | |
escoufrado/a | Persoa vella e moi delgada | |
esfarelar | Desfacer algo pouco consistente en anacos pequenos | . |
esfolar | quitarlle a pel e as entrañas a un animal | |
esfragarse | Derrubarse | esfragadoiro |
esgarolado | vaciado, oco por dentro | |
esnabarcar | Abrir ou dilatar demasiado un buraco | . |
estadullos | Varas de madeira que se poñen no carro para suxetar a carga | |
estaxe | Anchura de cava ou sacha que se leva dunha vez | . |
estolda | Parte baixa do muiño onde golpea a auga | |
estorroarlle | Ir a moita velocidade nun vehiculo | |
estoupar | Explosionar | |
estoupalló | Digital, dedalera. Planta en forma de campaniña, de cor rosa | |
estrelouzar | Ruido dos dentes ó roer unha cousa dura | |
estruleque | Persoa, preferentemente cativa, travieso, gracioso e ocurrente | estrulecada |
esvecer | Desvair, decaer | |
estrume | Cama para o gando. | . |
extramontar | Escapar o gando a outro monte |
fachendoso/a | Presumido/a | fachenda |
fainteira | Mara de fentos | |
faragulla | Miga do pan | |
farelo | resto que queda da moenda despois de sacar a fariña | |
farraca | Saco feito de lona ou estopa | |
farragacho | trasto inservible de metal | farragachada |
feixó | Especie de oblea feita con auga ou leite e fariña | . |
fogaxe | Bochorno, golpe de calor | |
felo | Persoa esperpentica ou moi fea | . |
fervillas fabas | Persoa que non para quieta | |
fiaraza | tramo de fío | |
furricaina | Diarrea | esfurricado/a |
filandón | Reunión de veciños para xugar áas cartas | . |
filloas | tortas de trigo e sangre de cocho fritas | |
flaira | pola delgada, canella | |
foleca | Saco de coiro de ovella ou cabra | |
fontegallo | Fonte pequena que seca a tempadas | |
furruxe | Ferruxe |
gaixolo | bocio | |
gancio | Pau seco, de uz, que se usaba pra alumarse | |
galleira | Corno gallado do corzo de varios anos | |
galocho | zoco, calzado con suela de madeira | |
ganceallo | Restos de matorral medio queimado, despois de ardido o monte | |
garaboia | Óso ou caguña das cereixas | |
garabullo | Pau delgado de madeira | |
granipela | Abertura ou regaña nuna pedra, parede, etc | |
guindar | Lanzar lonxe un obxeto voluminoso | . |
Hai boa lei! | Dícese de algo que non se ve xusto ou que ironicamente che disgusta |
imbar | Tragar algo sin masticar | |
indilgar | Ver apenas, vislumbrar | |
inorde | A modiño, de vagar | |
inralvable | Insalvable, que non pode saltarse | |
irado | Terreo moi inclinado,casi vertical | . |
labrandeira | Lavandeira, paxaro que abanica | |
lagaria | Xineta | algaria |
lamela | Pradiño pequeno á veira do río | |
lameón | Banda metálica da rodadura do carro do país | |
lamorqueira | Que ten moita lama | |
lampa | Espida, de superficie limpa | |
lancho | Pedra plana de pizarra | . |
lanqueta | Sen roupa, núo (Durmir á lanqueta) | . |
lapaceira | Regla das mulleres (Ferreirós de Arriba) | . |
lapoirada | Grolo, trago, arrancadeira (acepcion de Raposo de Miraz) | |
lapote | Bofetada non moi forte | |
lareiro | Vara longa e delgada | . |
laz / lazo | Capa de xeo | |
lavazas | Restos de comida que se lles dan ós cochos e pitas | |
ledre | gubia do zoqueiro | |
leiron | Rato campestre de gran tamaño (liron) | |
leixó | Trampa artesanal pra cazar ratos | |
lía | corda de esparto trenzada | |
liame | Corda grosa do carro | . |
lidrio | Mofo resbaladizo que se da na auga e paredes humidas | |
llin! | Voz utilizada pra chamar os porcos (Meiraos) | |
loaira | Intervalo de sol nun dia nuboso | |
loro | Corda feita de pel para xunguir as vacas / Canción tipica da serra | . |
louco | Tolo | . |
lubiao | Pulmón | . |
malcote | Rapaz novo | |
mamucas | Elaboración gastronómica a base de castañas verdes cocidas e leite | |
mallo | Pau largo, unido a outro mais pequeño, que servía pra mallar | |
maraballo | Herba usada tradicionalmente contra as picaduras das ortigas | . |
marón | Animar enteiro, sen castrar | |
marrao | Porco | |
marmañar | Chover finamente | marmalleira |
matalota | Matanza do cocho | mata |
mego | Cesta de madeira tradicionalmente usada para recoller castañas | . |
mirfas | Poñer a un en mirfas: poñer a un en anacos, destrozalo | |
mofo | Musgo | |
Ir o monte | Dícese cando se vai buscar estrume para facerlle a corte ós marraus | |
molexón | Pedra de afiar redonda accionada a manivela | . |
moradella | Apilamento de pedras nun eido de labranza | . |
mouchín | mochuelo, curuxa | |
muín | muíño, aceña | |
mulida | pel de ovella que se pon entre o xugo e a nuca das vacas | |
muñar | Muxir dos bois | |
muricego | Morcego | . |
murillo | Soporte de ferro para a leña na lareira |
nabarega | Tempo de pacer os nabos | |
neto | Vaso pequeno de viño | . |
nino/a | Neno/a , meniño | niniño, a |
nubro | Nublo, aneboado | |
nuelo | Nocello, tobillo | |
numeada | Mote | . |
omeá! | home, xá (expresion de Campelo) | |
orellois | Papeiras | . |
oví! | Oh, virxen (Exclamacion) | . |
outear | Vagar, ir se rumbo | |
outeón | Animal que vaga en busca de femia | |
ouvear | Vagar en xogos os nenos | |
ovellón | Vaca pesada e preguizeira | |
outramente | Por outra parte, doutra maneira, ainda asi, asi e todo. |
palazadas, ás | A tentas | . |
pandigueiro | no tempo do nadal,home que baixa dos montes,palpa os bandullos dos nenos e deixa castañas contra a fame | |
pampaneta, á | Estar deitado boca arriba | |
panqueixo | Primavera, flor desta planta | |
pantalois | Pantalons | . |
papiolo | Pasmón, prosmeiro | |
paporrubio | petirrojo (pájaro) | |
papuxa | Organo sexual femenino | conexa, conacha, farragucha |
parrofear | falar de amores unha parella | |
parva | pila cadrada ou redonda de mollos de cereal | |
pausiño | Inordiña, mainamente | |
paxarela | Páncreas | |
pelexo | Recipiente de pel de vacuno para liquidos | . |
pendello | Construcción de mala calidade para gardar leña | |
peneirín | Aguiucho, cernícalo | |
pestanas | Saíntes da pena | |
petada | Camiño costo feito con pedras grandes | |
petécaros | Empuñaduras feitas no cú da farraca de pisar as castañas | . |
petoiro | Muller que facia favores sexuales sin cobrar | . |
pichi | Palabra cariñosa a unha persoa querida | |
pincheira | Fervenza pequena | . |
pingazo | Polvo, canivete (Vilasivil) | . |
piorno | jara, (arbusto) | piornal |
pioto | Sainte da cheda do carro para enganchar o liame | . |
piquelo | Paxaro carpinteiro | |
pixo | organo sexual masculino | |
pór | Poñer | . |
porraco/a | Charco pequeno | . |
poza | remanso do río | |
poxa | Repisa | |
prea | Presa de caza | |
presa | Canal de auga que sae do rio para regar os prados / prisa | |
primachorros | Margaridas | |
pripíngolas, estar en | Estar un obxeto en equilibrio inestable a punto de caer | |
prosmeiro |
Persoa pesada e hipocondriaca | prosmeirada |
puxa | Argana e gran triturado que queda tras a malla. |
ragoada | Fogueirada, gran lume | |
rancho/a | Cocho/a | . |
ratuneira | morea de peras ou mazás verdes que se poñen na palla ou herba seca pra que maduren | |
razada | Golpe de vento, choiva ou sol | |
rebola | Carballo delgado | |
rebolegar | Brillar coa color vermella | |
reboleira | Carballeira | |
rebolo | Carballo, roble | |
rebrer | Amolecer | |
rechubazo | Pequeno rincón, parcela mínima | |
redroma | Grande amplitude de follaxe, moita fondura de terra | |
regandixa | Regaña nun piso uo parede de madeira | |
remelar | Mirar de reollo | |
remol | Rescoldo | . |
reprexo | Muro de pedra que se fai nos castiñeiros que estan en pendente, pra que non roden os ourizos souto abaixo | |
resgado | Rasgado | |
restrella | Monte onde se recolleu o centeo | |
riocho | Rio pequeno de pouco caudal | . |
ripia | Táboa de seccion triangular da caniceira | . |
romballón | Avellón, avávaro | |
rouco | Afónico | |
roupón | manta feita de xeito artesanal no
tear do pais |
|
rubieis | Néboas roxizas que se forman no amencer ou no solpor | |
ruxidoira | Ruido, sonido multiple |
samauvén | Si cadra, si se da o caso, etc | |
sarrio | carbonilla das chimeneas | |
seitoiro | Rella metálica do arado de pau (romano) | . |
seriña | Tardiña | |
somormullo | Disimulo | . |
sequeiro | Caseto donde se secan as castañas | . |
solaina | Habitacion feita pasando paus dun lado a outro do camiño. | |
sortella | Parte por donde se dobla a navalla | |
su- | Prefixo que significa "debaixo" (suacama, suasolaina...) | |
suarego | Travesaño de madeira de quita e pon, que se pon no fondo da porta da corte pre adeter o esterco | |
subeiro | Cobertizo na entrada principal da casa | . |
subela | Útil de zapateiro | |
sumio | Buraco bastante grande que se fai no terreo calizo por pasar unha corrente de auga por abaixo del |
tangaleirán | Persoa de pouco espiritu | . |
tara | Rocha elevada con pouca vexetacion e difícil acceso | . |
taramouco | Cumial penedío, teso rocoso | |
tarandeira | Pau longo que se pon atravesado na entrada dun eido | |
tentemozo | soporte, puntalete (expresion de Luis do Mazo) | |
terbello | Cepo para caza maior | . |
teixo | Conífera das terras altas | |
teso, teselo | Monte alto | |
timucela | Peza de madeira pre enganchar unha parella de bois ou vacas | . |
toco | Coas polas cortadas, sen brazos | |
tola | Morea de torróns que se queiman nas leiras para obter cinsa para abonar a leira | . |
tollemerendas | Flores que nacen en setembro, cando no campo se deixa de merendar | |
torbón | Chuvia intensa e tormentosa | . |
torno | curva moi pechada nun camiño | |
touro | Cocho marón | . |
tourón | Chan endurecido pola xeada | |
touza | Mala herba | |
trabadoira | Corda pre suxetar os estadullos do carro pre que non se abran | . |
tramoxa | Tolva do muiño donde se deposita a grá | |
tranquelear | Coxear | |
trapela | Trampa para cazar páxaros | . |
traquido | Trono muy forte | |
trarga, trasga | Aro de madeira unido a unha corda para facer feixes | |
trasgo | Neno gamberro | |
trasmontois | Gando espantadizo | |
treitoira | peza de madeira que forma parte do coxinete do carro do pais | |
trempo | Bloque de terra, neve ou auga xeado | |
trinque | Cadea de ferro moi resistente | . |
trobo | Colmea sencilla feita con corteza de arbore e unha lousa | . |
tropedo | Cría da rá (cágado) | |
tropear | Facer soar o calzado ferrado ó andar | |
troxo / a | tonto | |
trouxo, trouso | Neveiro, neve acumulada | |
trusgar | Guiñar o ollo |
valiña | Pequeno val dun regueiro | |
vaque | Empurrón | vaquión |
vencello | Mesma descripción que bincallo | |
verlo | Vellón, guedella de lá | |
viceira | Sistema comunal para gardar as cabras e ovellas por turnos os veciños, según o numero de cabezas adultas. | . |
vigue | viga | |
viorta | Atadura dos feixes, xeralmente feita de xesta ou salgueiro | |
virta | Parcela do monte, seara |
xabreiro | Lugar pouco soleado e frío | |
xangueiro | Xagaz e baixo | |
xanzá | Genciana (herba medicinal) | . |
xanzar | Cortar dun golpe seco | . |
xardón | Acibro, acibeira | |
xebrar | Separar o gando | |
xugueira | Nuca | . |
zambro | Persoa con pouca destreza e habilidade | |
zarralla | Excrementos endurecidos na lá do cú das ovellas | |
zocho | dícese da persoa ignorante e sin vergonza | |
zumegar | Rezumar |