A densidade de poboación no concello de Caurel é unha das mais baixas de Galicia, con 12,5 habitantes/Km² contra a media dos concellos de Galicia, que é de 95,6 e os da provincia de Lugo, que é de 40,7.
A poboación está diseminada en numerosas aldeas de poucos veciños. A gran maioría das aldeas do Caurel presentan construcións feitas en lousa, tanto paredes como teitos, coas casas apiñadas, a fin de conservar a calor e minimizar o vento nos duros invernos da serra.
Recentemente acometeuse a restauración e posta en valor dalgúns pobos nos que se conservou mellor a arquitectura autóctona da zona, baseada fundamentalmente na lousa.