Seceda é unha aldea tipica situada a 800 m de altitude, rodeada dun amplo bosque de castiñeiros centenarios, situada estrategicamente nunha especie de balcon natural.

Recentemente foron restauradas as súas rúas empedradas, e as súas casas con corredores de madeira que forman estruturas pechadas, como proteccion contra o frio e a neve.

Foi declarada Aldea Típica e Conxunto Etnográfico de Interese Turístico pola Xunta de Galicia.

Conta cunha casa de turismo rural e unha adega cun peculiar museo etnografico.