Esperante esta a poucos km de Seoane, na estrada que vai cara a Visuña. Esta situado preto do rio Lor, e conta cun cámping nunha contorna de singular beleza e unha igrexa cun fermoso portico.

Situada na parroquia de San Pedro de Esperante, esta igrexa da Idade Moderna, posúe planta de cruz latina e muros de cachotería pizarrosa. Na fachada destaca unha alongada ventá e un arco semicircular. Cabe mencionar o pórtico do lateral que se atopa apoiado sobre unhas columnas de madeira.

No seu interior garda 3 retablos barrocos, destacando o que se atopa situado á beira dereito do templo. Posúe unha imaxe de San Pedro, outra da Virxe e un retablo maior cunha Cruz de Santiago.

Sobre o rio hai unha interesante ponte romana, e poden verse os restos dun antigo castro, emprazado sobre o propio pobo.