A aldea de O Carbedo sitúase na estrada que vai de Seoane a Visuña, despois de Esperante e tras unha empinada subida. Moi preto atópase o Castelo do Carbedo, unha fortaleza medieval na que fué escondido Alfonso II cando era neno polos monxes de Samos para protexelo da persecución do seu primo Aurelio.

Preto deste está o Castro de Cido ( Torrecabreira), onde se atopou unha táboa de hospitalidade romana e un aguia de bronce das que levaban os estandartes das lexións romanas.