A Campa é unha aldea na zona baixa do Caurel. Está situada a pouca distancia de Folgoso, un pouco mais alta que Valdomir, nunha zona de espesa vexetación pola súa proximidade ao río Lor.

Moi preto atopábase a ferrería de Valdomir, que representou unha importante fonte de recursos para a economía desta aldea e deu traballo a varios dos seus veciños.

Desta ferrería apenas quedan vestixios na actualidade. Nas súas proximidades hai unha gran explotación louseira.