Mercurín é un pobo situado preto da estrada Seoane-Quiroga, tomando un desvío que hai en Ferrería Vella. O seu nome seguramente fai referencia ao deus romano Mercurio.

Nas súas proximidades están a Cova do Eixe, cunha gran columna que divide a súa entrada en dúas, e a de As Choias.