Seoane está situado no centro xeográfico da serra do Caurel, nunha pronunciada ladeira sobre o río Lor no punto no que conflúe co río Pequeno e o río de Parada.

Xunto con Folgoso, é o mellor lugar para elixir como base para visitar a zona, pola súa situación e variedade de servizos.

Foi capitalidade municipal ata a guerra civil, en que esta foi trasladada a Folgoso.