Vilamor está a poucos km de Folgoso, e conserva a súa estrutura de casas apiñadas dunha caracteristica pedra avermellada, esquinas redondeadas e grandes voladizos.

É un dos pobos mais representativos da arquitectura popular do Caurel. Merece a pena visitar a igrexa do século XVIII, que ten nave de planta rectangular con cuberta de lousa a dúas augas. No lateral norte ten un rocho e un alpendre que protexe a porta lateral de acceso cun alicerce de apoio angular.

A torre-campanario de planta cadrada ten dúas arcadas laterais de acceso á portada do templo; na parte superior presenta catro vans que albergan as campás.

Está coroada por unha cúpula. O presbiterio ten un valioso artesonado de cuarterones.

Conta con tres casas de turismo rural e unha taberna típica (A cova da moura).