Os ríos son os eixos do ecosistema da Serra do Caurel. Todos eles son afluentes do Sil, pola súa marxe dereita.
Ao longo de séculos erosionaron as montañas e escavaron profundos vales e feito aflorar vetas de minerais preciosos, como o ouro. Estes xacementos foron explotados xa na época da dominación romana, como testemuñan os restos de actividades mineiras desa época nalgúns puntos da serra.
Todos os rios do Caurel estan libres de contaminacion, excepto a provocada polas louseiras, polo que teñen excelentes condicións para a pesca, sobre todo da troita.
Os catro ríos principais son: o LOR, o LÓUZARA. o SOLDÓN e o SELMO.