É o rio mais importante de toda a serra. Nace en Fonlor (Ou Cebreiro) e discorre pola parte central de Caurel. Baña os dous núcleos de poboación mais significativos da zona, Seoane e Folgoso.

Bordea o Castro de Vilar e a poucos km. río abaixo está o pobo de Froxán, onde na época romana extraíase ouro polo método de aluvión. Á esquerda está Castro Portela. Entra no termo de Quiroga e desemboca no Sil na Labrada.

O Lor ten varios afluentes. Polo lado dereito recibe ao Río Pequeno, na Ferrería de Seoane. Un 4 km. Río abaixo, atopa o Lóuzara, que nace en Louzarela ( Pedrafita) e que á súa vez conta con numerosos afluentes.

Seguindo o curso, está o río Seco, entre Froxán e Castro Portela, e por último, dese lado, recibe o Río Mazo, nas proximidades de Vilar de Lor.Pola súa marxe esquerda recibe as augas do Romeor, que no seu último tramo forma un sumidoiro, onde termina o seu leito. 2 km. Mais abaixo está o Ferreirós.

O Lor é un río troiteiro, considerado neste aspecto uno dos mellores. Tamén é adecuado para facer descensos en lancha ou piragua.