O Caurel está situado ao sueste da provincia de Lugo, cunha latitude de 42º35' Norte e unha lonxitude de 7º11' Oeste. As súas cotas de altitude van desde o 1.300 m. das zonas altas ata os escasos 200 das mais baixas.
A altitude media é dun 600 m. Linda polo Norte cos concellos de Samos e Piedrafita do Cebreiro, polo leste cos montes do Cebreiro, polo Sur co concello de Quiroga e polo Oeste cos de Samos e Pobra de Brollón.
Está cruzado de Norte a Sur pola estrada LU 651, que vai a Hospital (Pedrafita do Cebreiro) ata Quiroga, o principal acceso. Tamén se pode acceder desde a Pobra de Brollón, desde Samos e Lóuzara, desde o Incio e desde Quiroga pola Cruz de Outeiro.
Os dous principais núcleos de poboación son: Seoane e Folgoso, nos que se concentra a maior parte da oferta hostaleira.
Non hai estacións de servizo en todo o concello ata Piedrafita, Quiroga ou Samos, polo que é aconsellable facer provisión de combustible antes de penetrarse no Caurel.