No Caurel tamén xurdiron algunhas vocacións literarias. O ambiente introspectivo desta serra ha influído na obra de poetas e novelistas.
Quizais o mais coñecido sexa Uxío Novoneyra, o poeta que mellor soubo sintetizar a alma destas terras.
Tamén a poetisa María Mariño Carou, de curta vida e obra, atopou aquí a súa inspiración.
Na actualidade incorporáronse novos valores no terreo da narrativa, como Xesús Manuel Marcos e Miguelanxo Lar.