Maria Mariño Carou,naceu en Noia o 8 de xuño de 1907. O seu pai era zapateiro e a súa nai traballou como costurera e ama de casa. Foi a segunda de 5 fillos do matrimonio: Emilio, Maria, Candido, Asunción e Concha.

Asistiu poucos anos á escola e desde moi nova tivo que coser polas casas, polo que tamén era coñecida polo sobrenome de "María a costureira". Tiña unha personalidade sensible, reservada e solitaria que transmitía unha gran sensación de paz espiritual. Tiña tamén unha gran beleza física e unha innata elegancia. Desde nena xa sentía diferente, e gustaba de pasear pola ribeira do mar e extasiarse na contemplación da paisaxe.

Polas dificultades económicas, tan comúns na época, ten que marchar para Boiro, a vivir cunha tía que era cociñeira no Paz ou de Goiáns. Tiña alí unha boa biblioteca, na que toma contacto coa literatura.

Durante a guerra vive en Algorta, en casa da súa irmá Concha. Pouco antes de acabar a guerra volve a Boiro, onde coñece ao que será o seu marido, Roberto Posse Carballido, natural de Santiago e mestre de profesión. casan o 31 de marzo de 1939, na parroquia de Lampón (Boiro). Roberto ten 24 anos e ela 32. Recentemente casados marchan ao pobo de Elantxobe, no País Vasco, onde Roberto exerce o maxisterio. Teñen un fillo, que morre ao mes e medio de nacer.

Cara á metade dos anos 40 volven a Galicia. Roberto pide o traslado e van primeiro para Arzúa e despóis á entón remota aldea de Romeor do Caurel. Morre a súa nai. Isto, xunto coa recente morte do seu fillo, sómea nunha grave depresión.

Trasládanse a Parada do Caurel por consello do médico e amigo, D.José Baltar, onde este cre que poderán sentirse algo menos illados. No ano 1947 trasládanse a Parada, onde vivirán ata a morte da poetisa.

Intiman coa familia de Novoneyra, e coñece a Uxío en 1953, cando este volve do servizo militar e pasa algún tempo na casa natal recuperándose dunha enfermidade contraída alá. En 1957 comeza a escribir, primeiro en castelán e despois en galego.

A través de Uxío, tratou a Manuel Maria, Ramón Piñeiro, Domingo Garcia Sabell, Sixto Seco, Augusto Assía e Vitoria Armesto. Afectada de leucemia, morre o 19 de maio de1967. Os seus restos descansan no cemiterio de Seoane do Caurel.

A súa curta obra publicada se limíta a dous títulos:

Palabra non tempo: 1958-63

Verba que comenza: publicado póstumamente

A orixinalidade das súas construcións sintácticas e o uso de estraños artificios linguísticos na súa poesía, merecéronlle por parte de Novoneyra o apelativo de " dinamiteira dá fala".

 

NOITE CAURELÁ

Ládranlle á noite os cas i ela de ben cega o ucedo.

Tiñe os aires a noite. Nela síntese medo.

A noite téndese ó sono que a aurora espera cedo.

A noite foi un cantar dun fiel ben en voz-deserto.

¡Canto choio dil me veo polo eixe do seu verso!.