TÉRMINOS ESPECÍFICOS UTILIZADOS EN EL CAUREL
| abrinxir | Abarcar, acaparar con usura | |
| abesedo | Cara norte do monte, ladeira xabreira | |
| acomorar | darlle unha ración de comida á parella de bois entre labouras | |
| aguío | Grao moído que se añade á auga ou a comida da facenda | |
| alcuseiro | Argola elíptica, que servía pra enganchar o arado no xugo | |
| alimoco/limoco | Fluido viscoso que secretan as vaxinas das femias en celo | |
| algarufar | espelir, esponxar | |
| aliñón | Dicese do boi que embiste. | |
| alláparo | Traveso, gamberro | |
| alvar | Alvariza, Recinto circular para protexer as colmeas dos osos | |
| ablancazado/a | De cor branco ou pálido | |
| abraira | avelanieira | |
| amallós | cordón de pel para atar os galochos(zocos) | |
| agulleteiro | Zona do zapato donde están os cordóis | |
| amarguexos | Herbas amargas | |
| ameter | Medrar o caudal | |
| amoiar | Facer sentir o seu peso | |
| anta | Madeira contra a que pechan portas e ventás. | |
| apertador | Bufo, moucho. | |
| apicia | Trasnada, putada | |
| apiliciado/a | Delicado/a, enfermizo/a | |
| ardente | Ganceallo seco que se utilizaba pra alumar, antes do candil | |
| argueiro | Argana, cangallo. Suciedade que se mete entre o ollo e o parpado | |
| argana | Herba dura das penedías es secanos. | |
| arrancadeira | Ultima consumicion da noite |
|
| arrecadar | Frenar o carro coa parella de bois ou vacas/ tartamudear | |
| arrecadén | Parella de bois enganchada á traseira do carro, que serve de freo nas baixadas | |
| arrieiro | Regla das mulleres | |
| arroxo | Fervenza que baiza dos prados ao romper a canle principal | |
| asequeirado | Quen tiña un sequeiro ou apañaba o tercio | |
| asiñar | Marcar | |
| atadallo | Feixe de xestas ou estrume. | |
| atramiñar | aguantar, aturar | |
| atrelado | Con moitas ligaduras, unhas tensando as outras. | |
| atufado / a | remangado/a, impetuoso/a | |
| aurela | Beira | |
| autramente | Sin embargo, de outra maneira | |
| avixote | Cernícalo, ave de rapiña | |
| axougarse | Acomodarse | |
| axubriar | Asubiar | |
| ai, galán | ay meu neno, ay meu fillo | |
| Baloco | Dise da bola de neve prensada entre as mans para ser arroxada contra algo ou alguén. | |
| balbarote | barbilla | |
| bandoxo | aparello de madeira pre quitar a puxa das castañas secas | |
| bandullo | Barriga | |
| banzado | Muro de pedras e torróns para conter a auga dunha presa | |
| baranca | Tronco que se pon en horizontal desde un piar a outro para cerrar unha entrada a unha finca | |
| baraza | Tramo de fío torcido | |
| barazola | Corda de carro pequena | |
| barbaña | Choviña, orballo | |
| bardola | Vara longa de abraira, que serve pra varear as castañas | . |
| bargado | Tabique de madeira nun cortello | . |
| bargo | Lousa grosa e grande | |
| barrelo | Berce, cuna | |
| bicarelo | Bico, a punta mais alta | |
| billarda | Xogo que constaba dun pau largo e outro mais corto apoiado nunha pedra, que se golpeaba para ver que o lanzaba mais lonxe.
|
|
| bincallo | Atadura dos mollos, feita da misma palla | |
| bocoy | Cuba de viño grande | . |
| bombo | utensilio xiratorio para asar castañas | |
| botelo | Embutido a base ca carne e ósos metidos no estomago do porco | |
| bouza | Mata de arbustos | |
| brelo | Rama dunha arbore, canella | |
| brouco | Bronco | |
| brugacio | Castañas verdes peladas e cocidas | |
| bufareira | Fornela donde se van tirando as brasas do forno | . |
| bulbeiro | Infeccións producidas nas máns, atribuidas ó veleno de sapo | |
| buleira | Excremento das vacas | |
| bulló | castaña asada | |
| burdio | Muxido dos bois | |
| cabalo rinchon | Páxaro que rincha coma os cabalos | |
| cabana | Caseta no monte para gardar a herba | |
| caborco | Sitio fondo e pecho | |
| cachamea | Cabeza | |
| cachola | Cacheira ,cachucha | |
| cachón | Baixada de auga moi violenta,cachoeira | |
| calangro | Precipicio, derrubadoiro | . |
| calduda | caldo feito de castañas secas | |
| calellón | pasadizo estreito entre duas casas |
|
| calexa | Folla ou casca que se pon nas fontes para que a auga corra por ela | |
| calvoa | Tipo de castaña, de flor moi pilosa e branca | |
| calzada | Muro de pedra utilizado nas presas do rio | . |
| calzas do cuco | Disa das ultimas neves tardías | |
| camín | Camiño | |
| camiñeiro | Morea de torrons alongada pre queimar na labranza do centeo | . |
| cana | Rama duna arbore ,canella | |
| candias | Candeas, flores do castiñeiro | |
| cangarse | atragantarse | |
| cantareiro | lugar no que se gardan as potas | |
| caniceira | Armazon de ripias para secar as castañas | . |
| cantrocha | Vellos troncos semipodres. | |
| cañota | castiñeiro oco por dentro | |
| capileira | Capucha dunha prenda | |
| carabullo | Pau delgado de madeira | |
| carnabudo | Arbusto de nome en castelán "serbal de cazadores" | |
| carrapucha | Xesta de pouca altura e moi enrramada | . |
| carreiro | Sendeiro | . |
| carrelo | Costas, trascarrelo | |
| carro tarabelo | Especie de triciclo tradicional de madeira para xogar os nenos | |
| carrozo | Depresión do monte ocupada por un regato | . |
| caruncho | cacho de madeira morta e podre | |
| celda | Lugar freso para gardar o chicho da matanza | . |
| cello | Entrecello | |
| cemba | ribado, ribazo | |
| cerengo | Liña do horizonte | |
| chanteiro | Tronco das berzas | . |
| chapodar | Cortar dun só tallo | |
| cheda | parte dianteira do carro do pais | |
| chumazo | Coxinete de madeira do carro do pais | |
| chicho | Carne en xeral | . |
| chotada | taco de madeira delgado e alongado que se lanza a un frutal por exemplo para tirarlle a froita | |
| choto | Groso tronco podre. Leña grosa | |
| churras! | Voz pra chamar ás pitas | |
| cibicada | ración de comida que leva o paxaro no pico para o seu fillo | |
| cimprón | Maleducado, persoa que insulta sin parar á xente (Teixeira) | |
| cinguideiro | Delantal | . |
| cobaracha | Parte posterior do pescozo | . |
| cocho | porco femia | |
| cochorda | Merlo | |
| coio | Pedra pequena | . |
| colares | Solapas da chaqueta | . |
| collabracion | Aparato reproductor externo masculino | . |
| concello | Reunión de veciños dun lugar pra tratar temas propios | . |
| corgo | Aparello de vaciado dun pozo polo sistema de sifón | . |
| cor | Corazón | |
| cordallo | Corda, trelo | |
| corolos | Noces, conchos | |
| cortiña | Leira murada | |
| cotomelo | Tocón, tronco cortado. Tamén muñón de amputado | |
| covallo | Sitio para refuxiarse da choiva | |
| couso | Foso, depresión feita adrede pra caza-lo lobo | |
| covaracha | Espacio entre a camisa e o pescozo | . |
| coza | Raiz muy empleada como combustible no Caurel | |
| debrocar | Vaciar o liquido dun recipiente violentamente | . |
| dédeme | leve o demo, centella queime, etc | |
| degallado | Mozo degallado: Bó mozo, de bó porte | |
| degaxar | Adelgazar | |
| demoucar | Cortar as ramas sobrantes dos castiñeiros,demouca | |
| deñar | Reparar, fixarse | |
| derramar | Estragar | . |
| derrubarse | Esnafrarse por unha pendente , derrubadoiro | |
| dexoba | Paliza verbal ou fisica | |
| dinuncela | donicela | |
| eiquí | aquí | |
| emburullar | Amantar o nino con trapos | |
| empuliñar | Trepar por unha superficie vertical | |
| empeña | Coiro dos zapatos ou galochos | |
| encapoar | Requeimar o cocho na escalda | |
| enciño | Aciñeira | |
| encornar | quedar durmido sentado | |
| encunicado / a | Arrinconado/a, reducido/a | |
| enfexo | Entregado por enteiro a un traballo | |
| enguruñarse | Encollerse | |
| engurriado | Arrugado | |
| enviso | Abstraído | |
| envolquiñarse | arrastrarse polo chan | |
| escachafoula | Ruido grande | |
| escada | Escaleirta de madeira das cortes de gando | |
| escalazarse | Escalabrarse | |
escano |
Banco de madeira con respaldo | |
| escascabullado/a | Persoa lozana, de cutis fino | |
| escazurrado | corrido, como non querendo ser visto | |
| escoufrado/a | Persoa vella e moi delgada | |
| esfarelar | Desfacer algo pouco consistente en anacos pequenos | . |
| esfolar | quitarlle a pel e as entrañas a un animal | |
| esfragarse | Derrubarse | esfragadoiro |
| esgarolado | vaciado, oco por dentro | |
| esnabarcar | Abrir ou dilatar demasiado un buraco | . |
| estadullos | Varas de madeira que se poñen no carro para suxetar a carga | |
| estaxe | Anchura de cava ou sacha que se leva dunha vez | . |
| estolda | Parte baixa do muiño onde golpea a auga | |
| estorroarlle | Ir a moita velocidade nun vehiculo | |
| estoupar | Explosionar | |
| estoupalló | Digital, dedalera. Planta en forma de campaniña, de cor rosa | |
| estrelouzar | Ruido dos dentes ó roer unha cousa dura | |
| estruleque | Persoa, preferentemente cativa, travieso, gracioso e ocurrente | estrulecada |
| esvecer | Desvair, decaer | |
| estrume | Cama para o gando. | . |
| extramontar | Escapar o gando a outro monte | |
| fachendoso/a | Presumido/a | fachenda |
| fainteira | Mara de fentos | |
| faragulla | Miga do pan | |
| farelo | resto que queda da moenda despois de sacar a fariña | |
| farraca | Saco feito de lona ou estopa | |
| farragacho | trasto inservible de metal | farragachada |
| feixó | Especie de oblea feita con auga ou leite e fariña | . |
| fogaxe | Bochorno, golpe de calor | |
| felo | Persoa esperpentica ou moi fea | . |
| fervillas fabas | Persoa que non para quieta | |
| fiaraza | tramo de fío | |
| furricaina | Diarrea | esfurricado/a |
| filandón | Reunión de veciños para xugar áas cartas | . |
| filloas | tortas de trigo e sangre de cocho fritas | |
| flaira | pola delgada, canella | |
| foleca | Saco de coiro de ovella ou cabra | |
| fontegallo | Fonte pequena que seca a tempadas | |
| furruxe | Ferruxe | |
| gaixolo | bocio | |
| gancio | Pau seco, de uz, que se usaba pra alumarse | |
| galleira | Corno gallado do corzo de varios anos | |
| galocho | zoco, calzado con suela de madeira | |
| ganceallo | Restos de matorral medio queimado, despois de ardido o monte | |
| garaboia | Óso ou caguña das cereixas | |
| garabullo | Pau delgado de madeira | |
| granipela | Abertura ou regaña nuna pedra, parede, etc | |
| guindar | Lanzar lonxe un obxeto voluminoso | . |
| Hai boa lei! | Dícese de algo que non se ve xusto ou que ironicamente che disgusta |
| imbar | Tragar algo sin masticar | |
| indilgar | Ver apenas, vislumbrar | |
| inorde | A modiño, de vagar | |
| inralvable | Insalvable, que non pode saltarse | |
| irado | Terreo moi inclinado,casi vertical | . |
| labrandeira | Lavandeira, paxaro que abanica | |
| lagaria | Xineta | algaria |
| lamela | Pradiño pequeno á veira do río | |
| lameón | Banda metálica da rodadura do carro do país | |
| lamorqueira | Que ten moita lama | |
| lampa | Espida, de superficie limpa | |
| lancho | Pedra plana de pizarra | . |
| lanqueta | Sen roupa, núo (Durmir á lanqueta) | . |
| lapaceira | Regla das mulleres (Ferreirós de Arriba) | . |
| lapoirada | Grolo, trago, arrancadeira (acepcion de Raposo de Miraz) | |
| lapote | Bofetada non moi forte | |
| lareiro | Vara longa e delgada | . |
| laz / lazo | Capa de xeo | |
| lavazas | Restos de comida que se lles dan ós cochos e pitas | |
| ledre | gubia do zoqueiro | |
| leiron | Rato campestre de gran tamaño (liron) | |
| leixó | Trampa artesanal pra cazar ratos | |
| lía | corda de esparto trenzada | |
| liame | Corda grosa do carro | . |
| lidrio | Mofo resbaladizo que se da na auga e paredes humidas | |
| llin! | Voz utilizada pra chamar os porcos (Meiraos) | |
| loaira | Intervalo de sol nun dia nuboso | |
| loro | Corda feita de pel para xunguir as vacas / Canción tipica da serra | . |
| louco | Tolo | . |
| lubiao | Pulmón | . |
| malcote | Rapaz novo | |
| mamucas | Elaboración gastronómica a base de castañas verdes cocidas e leite | |
| mallo | Pau largo, unido a outro mais pequeño, que servía pra mallar | |
| maraballo | Herba usada tradicionalmente contra as picaduras das ortigas | . |
| marón | Animar enteiro, sen castrar | |
| marrao | Porco | |
| marmañar | Chover finamente | marmalleira |
| matalota | Matanza do cocho | mata |
| mego | Cesta de madeira tradicionalmente usada para recoller castañas | . |
| mirfas | Poñer a un en mirfas: poñer a un en anacos, destrozalo | |
| mofo | Musgo | |
| Ir o monte | Dícese cando se vai buscar estrume para facerlle a corte ós marraus | |
| molexón | Pedra de afiar redonda accionada a manivela | . |
| moradella | Apilamento de pedras nun eido de labranza | . |
| mouchín | mochuelo, curuxa | |
| muín | muíño, aceña | |
| mulida | pel de ovella que se pon entre o xugo e a nuca das vacas | |
| muñar | Muxir dos bois | |
| muricego | Morcego | . |
| murillo | Soporte de ferro para a leña na lareira | |
| nabarega | Tempo de pacer os nabos | |
| neto | Vaso pequeno de viño | . |
| nino/a | Neno/a , meniño | niniño, a |
| nubro | Nublo, aneboado | |
| nuelo | Nocello, tobillo | |
| numeada | Mote | . |
| omeá! | home, xá (expresion de Campelo) | |
| orellois | Papeiras | . |
| oví! | Oh, virxen (Exclamacion) | . |
| outear | Vagar, ir se rumbo | |
| outeón | Animal que vaga en busca de femia | |
| ouvear | Vagar en xogos os nenos | |
| ovellón | Vaca pesada e preguizeira | |
| outramente | Por outra parte, doutra maneira, ainda asi, asi e todo. | |
| palazadas, ás | A tentas | . |
| pandigueiro | no tempo do nadal,home que baixa dos montes,palpa os bandullos dos nenos e deixa castañas contra a fame | |
| pampaneta, á | Estar deitado boca arriba | |
| panqueixo | Primavera, flor desta planta | |
| pantalois | Pantalons | . |
| papiolo | Pasmón, prosmeiro | |
| paporrubio | petirrojo (pájaro) | |
| papuxa | Organo sexual femenino | conexa, conacha, farragucha |
| parrofear | falar de amores unha parella | |
| parva | pila cadrada ou redonda de mollos de cereal | |
| pausiño | Inordiña, mainamente | |
| paxarela | Páncreas | |
| pelexo | Recipiente de pel de vacuno para liquidos | . |
| pendello | Construcción de mala calidade para gardar leña | |
| peneirín | Aguiucho, cernícalo | |
| pestanas | Saíntes da pena | |
| petada | Camiño costo feito con pedras grandes | |
| petécaros | Empuñaduras feitas no cú da farraca de pisar as castañas | . |
| petoiro | Muller que facia favores sexuales sin cobrar | . |
| pichi | Palabra cariñosa a unha persoa querida | |
| pincheira | Fervenza pequena | . |
| pingazo | Polvo, canivete (Vilasivil) | . |
| piorno | jara, (arbusto) | piornal |
| pioto | Sainte da cheda do carro para enganchar o liame | . |
| piquelo | Paxaro carpinteiro | |
| pixo | organo sexual masculino | |
| pór | Poñer | . |
| porraco/a | Charco pequeno | . |
| poza | remanso do río | |
| poxa | Repisa | |
| prea | Presa de caza | |
| presa | Canal de auga que sae do rio para regar os prados / prisa | |
| primachorros | Margaridas | |
| pripíngolas, estar en | Estar un obxeto en equilibrio inestable a punto de caer | |
| prosmeiro |
Persoa pesada e hipocondriaca | prosmeirada |
| puxa | Argana e gran triturado que queda tras a malla. | |
| ragoada | Fogueirada, gran lume | |
| rancho/a | Cocho/a | . |
| ratuneira | morea de peras ou mazás verdes que se poñen na palla ou herba seca pra que maduren | |
| razada | Golpe de vento, choiva ou sol | |
| rebola | Carballo delgado | |
| rebolegar | Brillar coa color vermella | |
| reboleira | Carballeira | |
| rebolo | Carballo, roble | |
| rebrer | Amolecer | |
| rechubazo | Pequeno rincón, parcela mínima | |
| redroma | Grande amplitude de follaxe, moita fondura de terra | |
| regandixa | Regaña nun piso uo parede de madeira | |
| remelar | Mirar de reollo | |
| remol | Rescoldo | . |
| reprexo | Muro de pedra que se fai nos castiñeiros que estan en pendente, pra que non roden os ourizos souto abaixo | |
| resgado | Rasgado | |
| restrella | Monte onde se recolleu o centeo | |
| riocho | Rio pequeno de pouco caudal | . |
| ripia | Táboa de seccion triangular da caniceira | . |
| romballón | Avellón, avávaro | |
| rouco | Afónico | |
| roupón | manta feita de xeito artesanal no
tear do pais |
|
| rubieis | Néboas roxizas que se forman no amencer ou no solpor | |
| ruxidoira | Ruido, sonido multiple | |
| samauvén | Si cadra, si se da o caso, etc | |
| sarrio | carbonilla das chimeneas | |
| seitoiro | Rella metálica do arado de pau (romano) | . |
| seriña | Tardiña | |
| somormullo | Disimulo | . |
| sequeiro | Caseto donde se secan as castañas | . |
| solaina | Habitacion feita pasando paus dun lado a outro do camiño. | |
| sortella | Parte por donde se dobla a navalla | |
| su- | Prefixo que significa "debaixo" (suacama, suasolaina...) | |
| suarego | Travesaño de madeira de quita e pon, que se pon no fondo da porta da corte pre adeter o esterco | |
| subeiro | Cobertizo na entrada principal da casa | . |
| subela | Útil de zapateiro | |
| sumio | Buraco bastante grande que se fai no terreo calizo por pasar unha corrente de auga por abaixo del | |
| tangaleirán | Persoa de pouco espiritu | . |
| tara | Rocha elevada con pouca vexetacion e difícil acceso | . |
| taramouco | Cumial penedío, teso rocoso | |
| tarandeira | Pau longo que se pon atravesado na entrada dun eido | |
| tentemozo | soporte, puntalete (expresion de Luis do Mazo) | |
| terbello | Cepo para caza maior | . |
| teixo | Conífera das terras altas | |
| teso, teselo | Monte alto | |
| timucela | Peza de madeira pre enganchar unha parella de bois ou vacas | . |
| toco | Coas polas cortadas, sen brazos | |
| tola | Morea de torróns que se queiman nas leiras para obter cinsa para abonar a leira | . |
| tollemerendas | Flores que nacen en setembro, cando no campo se deixa de merendar | |
| torbón | Chuvia intensa e tormentosa | . |
| torno | curva moi pechada nun camiño | |
| touro | Cocho marón | . |
| tourón | Chan endurecido pola xeada | |
| touza | Mala herba | |
| trabadoira | Corda pre suxetar os estadullos do carro pre que non se abran | . |
| tramoxa | Tolva do muiño donde se deposita a grá | |
| tranquelear | Coxear | |
| trapela | Trampa para cazar páxaros | . |
| traquido | Trono muy forte | |
| trarga, trasga | Aro de madeira unido a unha corda para facer feixes | |
| trasgo | Neno gamberro | |
| trasmontois | Gando espantadizo | |
| treitoira | peza de madeira que forma parte do coxinete do carro do pais | |
| trempo | Bloque de terra, neve ou auga xeado | |
| trinque | Cadea de ferro moi resistente | . |
| trobo | Colmea sencilla feita con corteza de arbore e unha lousa | . |
| tropedo | Cría da rá (cágado) | |
| tropear | Facer soar o calzado ferrado ó andar | |
| troxo / a | tonto | |
| trouxo, trouso | Neveiro, neve acumulada | |
| trusgar | Guiñar o ollo | |
| valiña | Pequeno val dun regueiro | |
| vaque | Empurrón | vaquión |
| vencello | Mesma descripción que bincallo | |
| verlo | Vellón, guedella de lá | |
| viceira | Sistema comunal para gardar as cabras e ovellas por turnos os veciños, según o numero de cabezas adultas. | . |
| vigue | viga | |
| viorta | Atadura dos feixes, xeralmente feita de xesta ou salgueiro | |
| virta | Parcela do monte, seara | |
| xabreiro | Lugar pouco soleado e frío | |
| xangueiro | Xagaz e baixo | |
| xanzá | Genciana (herba medicinal) | . |
| xanzar | Cortar dun golpe seco | . |
| xardón | Acibro, acibeira | |
| xebrar | Separar o gando | |
| xugueira | Nuca | . |
| zambro | Persoa con pouca destreza e habilidade | |
| zarralla | Excrementos endurecidos na lá do cú das ovellas | |
| zocho | dícese da persoa ignorante e sin vergonza | |
| zumegar | Rezumar | |