•  
  •  

VARIAS

01-FESTAS GASTRONOMICAS
Roberto Lores (Onte e Hoxe)

Cando de comer se trata
tés que ir a Pontevedra,
podes encher o bandullo
só con ir de festa en festa.

Hai no interior e na costa
tés o cocido en Lalín
na Garda a da langosta
e a da cigala en Marín.

Empanada en Bandeira
a da raia en Portonovo
na de Cambados vieira
e en Bueu comes un polbo.

Vilanova mexillóns
en Cuntis lacón con grelos
na da Cañiza xamón
e zorza na de Fornelos.

Comes ostras na de Arcade
en Carril fartas de ameixas
e si pasas por Beade...
non das comido as cereixas.

 

Cando de comer se trata
tés que ir a Pontevedra,
podes encher o bandullo
só con ir de festa en festa.

Troitas en Pontecaldelas
e na da Estrada salmón
choco na de Redondela
e nas Neves requeixón.

Na do marisco do Grove
comes a corpo de rei
e non importa se chove
na richada en forcarei.

Galo de curral en Cruces
van fillos, netos e avós
e non sabers o que luces
comendo codillo en Mós.

Se vas a Arbo, lamprea
carneiro ó espeto en Moraña
e pra rematar a chea...
café con gotas de caña!

Cando de comer se trata
tés que ir a Pontevedra,
podes encher o bandullo
só con ir de festa en festa.

bloque 1

 

bloque 2

bloque 1

 

bloque 2

bloque 1

 

bloque 2

bloque 1

 

bloque 2

bloque 1

 

bloque 2

bloque 1

 

bloque 2

bloque 1

 

bloque 2

bloque 1

 

bloque 2

bloque 1

 

bloque 2

bloque 1

 

bloque 2