•  
  •  

TRADICIONALES

01-NEGRA SOMBRA 

Juan Montes

 

Cando penso que te fuches
negra sombra que me asombras
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa

 

Cando maxino que es ida
no mesmo sol te me amostras
i eres a estrela que brila
i eres o vento que zoa

 

Si cantan, es ti que cantas
si choran, es ti que choras
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora

 

En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras
nin me dexarás nunca
sombra que sempre me asombras.

 

02-MIUDIÑO - Do M

Éche un andar miudiño

miudiño, miudiño, miudiño, miudiño,

o que eu teño.

 

Que teño unha borracheira

de viño, que auga non bebo.

Mira, mira Maruxiña

mira, mira como veño.

 

Inda que ves, que me ves

que me ves, que me ves

que me caio.

 

Heiche de andar miudiño, miudiño, miudiño.

Que eu traio unha borracheira

de viño que auga non bebo.

Mira, mira Maruxiña

mira, mira como veño.

 

Aínda que ves, que me ves

que me ves, que me ves,

que me vou caendo

éche o andar miudiño

miúdo, miúdo, que eu teño.

03-AS PENAS DO VERDE GAIO - Do M

 

As penas do verde gaio

Son verdes e amarelas

Non me toques se non caio

Non me rompa-las canelas

 

A do verde gaio

A do ras tras tras

Quero o meu amor

Quero o meu rapas.(X2)

 

Anubía, anubía

Anque anubía non chove

O meu amor está malo

Anque está malo non morre

 

Meu amor, meu amorciño

Todos te chaman pequeño

A min me pareces grande

Do cariño que che teño.

 

A do verde gaio

A do ras tras tras

Quero o meu amor

Quero o meu rapas.(X2)

 

Vai tu, vai tu, vai ela,

vai tu para casa dela…

 

É do meu gosto,

é da miña opiniao…

 

04-FOLIADA DE ASEN


Ai, teño unha moza en Asén,

ai, outra no Castiñeiriño,

Ai, quérolle máis á de Asén,

ai, porque dorme no muiño.

ai, porque dorme no muiño.

Ai lalelo, ai lalalála

 

Ai, se queres eiquí, eiquí,

ai, se queres alá, alá,

Ai, se queres na túa porta,

ai, na túa porta será.

ai, na túa porta será.

Ai lalelo, ai lalalála

 

Ai, unha vella nunha fonte,

ai, por unha berza bebía,

Ai, a berza estaba rachada,

ai, toda a auga lle vertía.

ai, toda a auga lle vertía.

Ai lalelo, ai lalalála

 

 

 

 

05-POUSA, POUSA - Do M

 

 Fun a taberna do meu compadre,

fun polo vento e vin polo aire .

Fun a taberna do meu compadre,

fun polo vento e vin polo aire .

 

É como en cousa de encantamento

fun polo aire, vin polo vento.

É como en cousa de encantamento

fun polo aire, vin polo vento.

 

E pousa, pousa, pousa

e non me toques naquela cousa.

E pousa pousa axiña

e non me toques naquela cousiña.

 

E pousa, pousa, pousa

e non me toques naquela cousa.

E pousa pousa axiña

e non me toques naquela cousiña.

 

Murmuraban as miñas veciñas

que eu andaba co crego  nas viñas.

Murmuraban as miñas veciñas

que eu andaba co crego  nas viñas.

 

Iso é verdade i eu non o nego

que eu andiven ás loitas co crego

Iso é verdade i eu non o nego

que eu andiven ás loitas co crego

 

E pousa..

 

Cando me case xa teño un galo

xa miña nai non me ten que dalo.

Cando me case xa teño un galo

xa miña nai non me ten que dalo.

 

Cando me case xa teño un polo

xa miña nai non me ten que dar todo.

Cando me case xa teño un polo

xa miña nai non me ten que dar todo.

 

E pousa...

06-AI, MARUXIÑA - Do M

Malvela

 

Eu querer quéroche ben,

eu téñoche admiración

pero casarme contigo,

non mo pide o corazón,

non mo pide o corazón,

non mo pide o corazón,

eu querer quéroche ben,

eu téñoche admiración.

 

Ai Maruxiña,

eu ben cho dicía,

que o andar de noite

é unha toleria,

é unha toleria,

é unha toleria,

Ai Maruxiña,

eu ben cho dicía,

 

Eu querer quéroche ben...

 

Ai Maruxiña,

non é nada malo

darlle un biquiño

a un namorado,

a un namorado,

a un namorado,

Ai Maruxiña,

non é nada malo

 

Eu querer quéroche ben...

 

 

 

 

 

 

 

Ai Maruxiña,

detrás dun valado,

dáme un biquiño

que non é pecado,

que non é pecado,

que non é pecado,

ai Maruxiña,

detrás dun valado.

 

Eu querer quéroche ben...

 

Ai Maruxiña,

detrás dun codeso,

dáme un biquiño

que eu ben cho merezo

que eu ben cho merezo

que eu ben cho merezo

ai, Maruxiña,

detrás dun codeso.

 

Eu querer quéroche ben...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

07-O RODABALLO - La M
  

Nunha lancha de Marín

coa proa de carballo

nunha lancha de Marín

coa proa de carballo

 

catro rapaces da Puebla

ui ai ai, ui ai ai

catro rapaces da Puebla

ui ai ai, ui ai ai

roubaron un rodaballo

 

mala chispa te coma,

mala chispa che de,

mala chispa te mate ai ai ie

 

o patrón que alí mandaba

era un rapaz de Marín

era un rapaz de Marín

dicíalle o rodaballo

ui ai ai ui ai ai

moito miras para min

moito miras para min

 

estribillo

 

foron a vendelo a lonxa

foron a vendelo a lonxa

e con muito disimulo

e quen o foi a mercare

ui ai ai ui ai ai

e quen o foi a mercare

ui ai ai ui ai ai

a filla do Cachirulo

 

estribillo

   

aquí acaba a historia

do famoso rodaballo

que por no haber aceite

ui ai ai ui ai ai

que por no haber aceite

ui ai ai ui ai ai

houbo que comelo asado  

 

estribillo

08-ARREPIPÍ

Arrepipí, arrepipí, iso si que é gosare,
o metere e o sacare (cartos na Caixa de Aforros).

Pola parte de Castilla … fan as casiñas de barro
mais cando chove un pouquiño por alí
mais cando chove un pouquiño

Sol M

van as casas (ó carallo).

Arrepipí, arrepipí,…

 

Hoxe é un día de festa para min, dunha alegría toda,
pois acaban de dicirme por aí, pois acaban de dicirme
que se casa, que se casa a miña sogra.

Arrepipí, arrepipí, ...

Esta noite hei de ir alí, hai de ir aló,
neniña non teñas medo, déixame a porta trancada,
déixama, déixame a porta trancada cunha palla,
cunha palla de centeo.

Arrepipí, arrepipí, ...

09-A COSTUREIRA - Re m

 

-Costureiriña bonita,
onde tes os teus vestidos? (BIS)
-Téñoos na hucha gardados,
ai si, ai non,
para poñer os domingos. (BIS)

 

-Costureiriña bonita,
dime onde tes a cama. (BIS)
-No poleiro das galiñas,
ai si, ai non,
nunha presiña de pallas. (BIS)

 

-Costureiriña bonita,
dime onde tes o niño. (BIS)
-Nun carballo da Illana,
ai si, ai non,
no máis alto ramalliño. (BIS)

 

-Costureiriña bonita,
onde gardas os melindres? (BIS)
-Téñoos na hucha gardados,
ai si, ai non,
para comer os domingos. (BIS)

 

O amor da costureiriña
era papel e mollouse(BIS)
e agora, costureiriña,
ai si, ai non,
o teu amor acabouse
. (BIS)

10-REBOLA O PAI, REBOLA A NAI - La m

Unha vella e mais un vello quixeron ir ver o mare
e cando o tiveron diante puxéronse a rebolare,


rebola o pai, rebola a nai, rebola a filla,
eu tamén son da familia, tamén quero rebolar;
rebola o pai, rebola a nai, rebola a filla,
eu tamén son da familia, tamén quero rebolar

As cotillas do meu pobo, as máis bravas do lugare
cando se dan con mociños, todas queren revolar

 

rebola o pai, rebola a nai, rebola a filla,
eu tamén son da familia, tamén quero rebolar;
rebola o pai, rebola a nai, rebola a filla,
eu tamén son da familia, tamén quero revolar

 

E xa que me preguntas que é eso de rebolare,
ti cala que xa me entendes e non me fagas falare

11-VEN BAILAR CARMIÑA - Do M

 

Ven bailar Carmiña,
Carmiña, Carmela,
con zapato branco,
con media de seda,


con media de seda
de seda calada,
ven bailar Carmiña
miña namorada.

 

 Os zapatos piden medias,
as medias piden zapatos,
as raparigas bonitas
piden rapaciños guapos.

 

 Ven bailar Carmiña,...

 

Catro cousas hai no mundo
que revolven o sentido
amar e non ser amado,
querer e non ser querido.

 

 Ven bailar Carmiña,...

 

Ó son da miña gaitiña
as nenas hei de levare,
e as tontiñas sonche elas
que se deixan enganare.

 

Ven bailar Carmiña,...

 

Aí che vai meu corazón,
se o queres matar ben podes,
pero como ti vas dentro
tamén se ti o matas morres.

 

Ven bailar Carmiña,...

12-ERA O VIÑO

 

O viño branco é meu primo, e o tinto é meu parente,
non hai sitio no meu corpo onde meu primo non entre.

 

Era o viño, miña nai, era o viño,

era a cousa que eu máis desexaba,
somos morte, miña nai, somos morte,

somos morte meu primo deixaba.

 

O meu curmán augardente pelexábase co leite,
meu albariño dourado, meu compañeiro de sempre.

 

Era o viño, miña nai ...

 

Coidado, bo guerrilleiro, contra a tristura tirana,
o meu amor do Ribeiro queimando as penas da ialma.

 

Era o viño, miña nai...

 

13-A RIANXEIRA - Sol M


Ondiñas veñen,
ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van.
Non te embarques rianxeira,
que te vas a marear.

 

 A Virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira, BIS
descalciña pola area,
parece unha rianxeira. BIS

 

 Ondiñas veñen...

 

 A Virxe de Guadalupe
cando vai para Rianxo, BIS
a barquiña que a leva

éche (era) de pau de laranxo. BIS

 

 Ondiñas veñen...

 

A Virxe de Guadalupe
quen a fixo moreniña BIS

foi un raíño de sol
que entrou pola ventaniña BIS

 

 Ondiñas veñen...

14-CATRO VELLOS MARIÑEIROS - Re M

 

Catro vellos mariñeiros

todos metidos nun bote.

Boga, boga, mariñeiro,
imos pra Viveiro,
xa se ve San Roque. BIS

 

Ailalelo ...

 

Os mariñeiros traballan
de noite coa luz da lúa.


Dá gusto velos chegare
pola mañá cedo
cheirando a frescura. BIS

 

Ailalelo ...

 

Levo sardiña e bocarte, (traio sardiña e bocarte)
vendo xurelo pequeno. (tamén xurelo pequeno)
Rapaciña de Viveiro
ven buscar o lote
do teu mariñeiro BIS

Ailalelo ..

15-SE VAS Ó SAN BENITIÑO - Do M

 

Se vas ó San Benitiño
non vaias ó de Paredes,
que hai outro máis milagreiro

 (que é moito máis milagreiro)
San Benitiño de Lérez. BIS

 

 San Benitiño do ollo redondo
hei de ir alá, miña nai, se non morro
e hei de levar unha bota de viño
e unha bola de pan para o camiño.

 

A que lle foron armare,
ó San Benito de Lérez,
a que lle foron armare
que tiña un bo viño mosto BIS
debaixo do seu altare.

 

San Benitiño...

 

As de Marín e Placeres,
as mociñas de Combarro;
as de Marín e Placeres
van de troula pola ría,
van de troula pola ría
ó San Benito de Lérez

 

San Benitiño...

 

Ao ver as flores se aleda
o paxariño do prado,
ao ver as flores se aleda.
Eu con ver a túa cara [BIS]
boto fóra as miñas penas.

 

San Benitiño...

Que cho teño ben gardado,
heiche de dar o que teño
que cho teño ben gardado,
nena cando foras miña, [BIS]
o caraveliño encarnado.

 

San Benitiño...

16-VELAÍ VAI - La M

 

Velaí vai, velaí vai,

a rapaza polo río,
sen comer e sen beber,

toda cheíña de frío,


toda cheíña de frío,

toda chea de dolor,
velaí vai, velaí vai,

polo río xa pasou.

 

Chamáchesme moreniña,

á vista de tanta xente
e agora vaime quedare

moreniña para sempre.
Moreniña para sempre, ailalelo, ailalalo!

 

Quedaches de vir ás nove,

viñeches  ás nove e media,
ti non sabes que é pecado

 enganar a unha morena,

enganar unha morena, ailalelo, ailalalo!

 

Eu teño un canciño bonito abofé
que baila a muiñeira na punta do pé,
na punta do pé, erguidas as mans

eu teño un canciño que baila ao serán

 (e baila a muiñeira do chascarraschás).

la, la, la, la..

Velaí vai, velaí vai, a

17-APAGA O CANDIL - Do M

 

Apagha o candil, Marica, chus, chus,
apagha o candil que ten moita lus,
que ten moita lus, moita claridá,
apagha o candil e chéghate alá.

 

 Pasei pola túa porta e mirei polo ferrollo,
a lara da túa nai meteume un pau por un ollo,
meteume un pau por un ollo, ailalelo, ailalalo.

 

 Apagha o candil...

 

 A túa nai é chiculate, o teu pai chiculateiro,
a túa nai lambe as cazolas,

o teu pai lambe os pucheiros,
o teu pai lambe os pucheiros,
ailalelo, ailalalo.

 

 Apagha o candil...

 

Andivécheste alabando que eu morría por ti
e que morro non é certo pero que che quero si
ailalelo, ailalalo.

 Apagha o candil...

 

18-NOS CANEIROS (Ai, Pepiño adiós) - Do M

Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós,
ai Pepiño, por Dios non te vaias,
non te vaias afogar á praia,
como nos pasou a nós
e havos de pasar a vós.

 

Ai Sálvora, ai San Vicente, BIS
as nenas bonitas hainas en Ourense.

 

Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós,...

 

Ai Sálvora, ai San Vicente
Ai Sálvora, adiós Mourente
Ai Sálvora, ollos da ría
para boas mozas, en Vilagarcía BIS

 

Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós,…

Ai Sálvora, vento norteiro.
Ai Salvora, meu compañeiro,
Ai Sálvora, vento ventiño
xa están as rapazas na punta de Aguiño BIS

19-EU DE MARÍN AUSENTEIME - La m

 

Eu de Marín ausenteime
moi lonxe fun a vivir,

 

pasei a vida chorando
e suspirando, Marín, por ti BIS

 

Eu non sei cantar,
eu non sei reír,
sen os airiños da ría,
eu non sei cantar, eu non sei reír;


sen os airiños da ría
eu non sei cantar, eu non sei reir. BIS

 

20-UNHA VELLA DE NIGRÀN

 

Unha vella de Nighrán
díxolle a unha de Perillo:
fagho eu máis cartos ca cona
que o Ferreiro co martillo

 E funga, e funga, e funga
e fúngalle o carallo
e fúngalle o carallo
e o carallo funga e funga

Unha vella de Perillo
díxolle a unha de Nighrán:
teño eu máis callos na cona
que o Ferreiro ten nas mans

 E funga…..

21-E PRA QUE NON DIGAS - Sol M

 

E pra que non digas que tal e que cal
que foi e non foi, que tal que sei eu,
eu aló non fun, ela aquí non veu,
nin eu llo pedín, nin ela mo deu.

 

-Maruxiña, dáme un bico
que che hei de dar un pataco,
-Non quero bicos dos homes
que me cheiran a tabaco.

 

E pra que non digas...

 

Maruxiña do forneiro
se coceras faime un bolo,
se mo fas, faimo de millo,
que eu de trigo non cho como.

 

E pra que non digas...

 

-Maruxiña, ti é-lo demo,
sempre me andas atentando,
-Foi do couce dunha pulga
que é un mal desesperado.

 

E pra que non digas...

 

Maruxiña sempre chora
arrimadiña a un palleiro,
tiña a gaitiña na man
e faltáballe o gaiteiro.

 

E pra que non digas..

22-PARA VIR A XUNTA MIN - Sol M

 

Para vir a xunta min,

para vir a xunta min,
vai lava-la cara, vai lava-la cara,

vai lava-la cara, galopín!

 

Miña nai por me casare, ofreceume canto tiña,
agora que estou casado, pagoume cunha galiña,
pagoume cunha galiña, ailalelo, ailalalo!

 

Para vir a xunta min, para vir a xunta min,
vai lava-la cara, vai lava-la cara, galopín!

 

Túa nai e mais a miña quedan no río berrando
por culpa dunha galiña, que ten amores cun galo,
que ten amores cun galo, ailalelo, ailalalo.

 

Para vir a xunta min,

para vir a xunta min,
vai lava-la cara, vai lava-la cara,

vai lava-la cara, galopín!

 

Eu queríame casare, miña nai non teño roupa
casa, miña filla, casa, que unha perna tapa a outra.

 

Para vir a xunta min,

para vir a xunta min,
vai lava-la cara, vai lava-la cara,

vai lava-la cara, galopín!

 

Eu queríame casare, miña nai dime que é cedo,
ela como está casada, non sabe as ganas que eu teño.

 

Para vir a xunta min,

para vir a xunta min,
vai lava-la cara, vai lava-la cara,

vai lava-la cara, galopín!

23-PANDEIRADA - La m

 

A raíz do toxo verde, (2 veces)
é moi mala de arrincare,
os amoriños primeiros, (3 veces)
son moi malos de olvidare.

 

Ailará, ailaralá,
escomencemos a pandeirada
escomencemos o baile xa!

 

Unha vella díxolle a outra (2 veces)
polo burato da porta:
ti goberna a túa vida (3 veces)
que a miña nada che importa.

 

Ailará, ailaralá...

 

A miña muller morreume (2 veces)
e enterreina no palleiro,
deixeille un brazo fóra (3 veces)
pra que tocara o pandeiro.

 

Ailará, ailaralá...

 

Miña nai e maila túa (2 veces)
quedan no río berrando
por culpa dunha galiña (3 veces)
que ten amores cun galo.

 

Ailará, ailaralá...

24-EU NON SEI QUE TEN A MORENA - La M

 

Eu non sei que ten a morena,
eu non sei que a morena ten,
eu non sei que ten a morena,
que xa todos lle queren ben.

 

Eu non sei que pasou no muíño,
eu non sei que debeu de pasar,
desde entón Maruxiña está triste,
desde entón non fai máis que chorar.

 

Eu non sei que ten a morena ...

 

Fun ó muíño con Paula, BIS
fun ó muíño con ela,
ela durmiu nos meus brazos,
eu durmín nos brazos dela. BIS
ailalelo, ailalalo.

 

Heicho de dar se mo dás, queridiño,
heicho de dar se mo dás, xa verás,
heicho de dar con dúas cunchiñas,
pra que lle toque-lo chascarraschás.

 

Heiche de da-lo boi branco e maila vaca marela
e maila filla máis nova pra que te deites con ela,
pra que te deites con ela, ailalelo, ailalalo
e no medio e no medio da ría
ó compás, o compás do cantare
o ventiño que viña de lonxe
íalle á ventana petare
íalle á ventana petare
ailalelo, ailalelo, ailalalo.

 

Coitadiño do que chora, coitadiño, coitadiño,
cando as penas son grandes non se poden botar fóra,
non se poden botar fóra, ailalelo, ailalelo, ailalalo.
e no medio e no medio da ría
ó compás, o compás do cantare
o ventiño que viña de lonxe
íalle á ventana petare
íalle á ventana petare
ailalelo, ailalelo, ailalalo.

25-UNHA VELLA NO TEMPO DOS MOUROS - Sol M

 

Unha vella no tempo dos mouros
fixo da cona una praza de touros
e fixo ben, e fixo ben
na cona da vella non manda ninguén.


Unha vella por falta dun macho
meteu pola cona un mango dun sacho
e fixo ben, e fixo ben
 na cona da vella non manda ninguén.


Unha vella no tempo dos celtas
fixo das tetas dúas metralletas
e fixo ben, e fixo ben
nas tetas da vella non manda ninguén.


Unha vella nos tempos de antes
fixo da cona un par de tirantes
e fixo ben, e fixo ben
na cona da vella non manda ninguén.


Unha vella nos tempos de agora
meteu polo cu unha rebarbadora
e fixo ben, e fixo ben
no cu da vella non manda ninguén.


Unha vella nos tempos de agora
fixo da cona unha lavadora
e fixo ben, e fixo ben
na cona da vella non manda ninguén.

 

26-UAH, LARARALALA

 

Viva a Cruña, viva Lugo, viva Ourense e Pontevedra BIS
e que vaian pró carallo BIS

os ladrós da nosa terra

 

Uah, larara..

 

Este pandeiro que toco por moito que repenique BIS
non teñas medo que rache BIS

que é de coiro de cacique

Uah, larara..

 

Para peixe fresco Vigo, para chocos Redondela BIS
para camaróns Moaña, pra caciques Pontevedra BIS

27-MARICA SE VAS Ó RÍO LAVAR - Do M

 

Marica se vas ó río a lavar,

non bata-la roupa que a podes rachar,
que a podes rachar, que a podes tender,

Marica se vas ó río a beber.

 

Non chas quero, non chas quero,

castañas do teu magosto,
non chas quero, non chas quero,

que me cheiran ó chamosco,
que me cheiran ó chamosco, alalelo, ailalalo.

 

Marica se vas ó río a lavar ...

 

Que ben baila, que ben baila,

 a da chaqueta redonda,
moito mellor bailaría

se a tivera máis longa,
se a tivera máis longa, ailalelo, ailalalo.

 

Marica se vas ó río a lavar ...

 

Non chas quero, non chas quero,

nabizas do teu nabal,
non chas quero, non chas quero,

que me poden facer mal,
que me poden facer mal, alalelo, ailalalo.

 

Marica se vas ó río a lavar ...

 

Que ben baila, que ben baila,

a do zapato baixiño,
que ben baila, que ben baila,

 ai na beira do camiño,
ai na beira do camiño, ailalelo, ailalalo.

 

Marica se vas ó río a lavar ...

 

Que ben baila que ben baila,

a da chaqueta máis longa,
moito mellor bailaría

se a tivera redonda,
se a tivera redonda, ailalelo ailalalo

28-EU NON SEI - La M

 

Pun, pun, pun, peteiche na porta,

 non me quixeches abrire, BIS
pasaches por min e dixeches: cshis, cshis, cshis,
este pandeiriño que che toca zúmballe a Marica,
era do pelexo dunha ovella, como repenica,
como repenica, Maruiña, como repenica,
este pandeiriño que che toca, zúmballe a Marica.

Eu non sei que pasou no muíño, eu non sei que debeu de pasar,
desde entón Maruxiña está triste, desde entón non fai máis que chorar,
pasaches por il e dixeches:
este pandeiriño que che toca zúmballe a Marica,
era do pelexo dunha ovella, como repenica,
como repenica, Maruxiña, como repenica,
este pandeiriño que che toca, zúmballe a Marica.

 

Se queres que vaia e veña, rapaciña ó teu lugare, BIS
has de prende-la cadela que non fai máis que ladrare, BIS
a miña meniña cando vai pró muíño,

vai enfariñada, cheíña de frío;
cheíña de frío, cando vai xiada,

a miña meniña meteuse na cama.

Esta noite hei de ir a verte, Camela non teñas medo, BIS
déixame a porta trincada, ai, cunha palliña de centeo BIS

29-VAITE LAVAR, PORCONA - Sol M

 

Vaite lavar, porcona, vaite lavar,
se non che chega o río, tírate ó mar,
tírate ó mar, porcona, tírate ó mar,
vaite lavar, porcona, vaite lavar

 

A muller do ferreiriño, non hai muller coma ela,
de día malla no ferro e de noite o ferreiro nela.

 

Vaite lavar, porcona ...

 

O galo cando canta é día, é día, é día,
o galo cando canta é día,

vaite de baranda
vaite todo o día.

 

E nós como somos gandules, gandules, gandules,
vamos de baranda de sábado a lunes.

 

Cada vez que te emborrachas, Manuel,
ti xa vés en busca miña, Manuel,
ai Manueliño, Manuel, ai Manueliño, Manuel,
ogallá te emborracharas, Manuel,
a todas horas do día, Manuel,
ai Manueliño, Manuel, ai Manueliño, Manuel,

 

30-FÍA NA ROCA

 

Fía, fía, fía na roca, fía, fía e fai mazaroca.BIS

Fía no fía que fía, fiadora, miña roca, BIS
fía no fía que fía, fiando fai mazaroca BIS

Agora vouche contare, agora meu queridiño, BIS
pra que o liño sexa bo haise que meter no río BIS

 

Fía, fía, fía na ...

 

Fía miña roca, fía, que eu son boa fiadora, BIS
cada día fío, fío, non vexo unha mazaroca. BIS

 

Fía, fía, fía na ...

 

A moza que é caladiña e non di mal de ninguén, BIS
canto máis baixiño mira cantos máis amores ten. BIS

Fía, fía, fía na ...

 

 

Estaban dous namorados
moi arrimados no bananal,
o moso que era traveso
foise arrimando sen faser mal. [BIS]

 

O ghalo canta, a ghaliña chora
polos pitiños que dormen fóra. [BIS]

31-A MIÑA BURRIÑA - La M

 

A miña burriña cando vai ó muiño,

vai toda enfariñada, cheíña de frío;
cheíña de frío e mais de xiada,

ai, a miña burriña sempre vai cargada.

 

Anque vou pra fiandeiro non vou por fiar na roca,
vou par toca-lo pandeiro,

ai, que esta noite a min me toca.

 

A miña burriña cando vai ó muíño ...

 

E esta noite hei de ir a verte, nena non me teñas medo,
déixame a porta trancada, ai, cunha palla de centeo.

E esta noite e maila outra e maila outra pasada,
abalei unha pereira, ai, que nunca foi abalada.

 

A miña burriña cando vai ó muíño ...

 

32-O GALO - Sol M

 

O galo cando canta é día, é día, é día,

o galo cando canta é día,
vamos de parranda de noite e de día. BIS

 

O galo cando canta é hora, é hora, é hora,

o galo cando canta é hora,
bótate María, bota o galo fóra. BIS

 

E como somos da ribeira, ribeira, ribeira,

e como somos da ribeira,
vamos de parranda a semana enteira. BIS

O ghalo canta, a ghaliña chora
polos pitiños que dormen fóra. [BIS]

33-UN GATO E UN ESCRIBANO - Sol M

 

O que casa con morena
leva a vida amargurada,
rilla no pan de centeo
tendo da fariña branca.

 

Non cases con home roxo,
color de azafrán en rama,
que é como as barbas do millo
que non serven para nada.

 

Un gato e un escribano
caeron xuntos nun pozo
e como os dous eran gatos

 

rabuñáronse o pescozo

34-O GALO - Sol M

 


O galo cando canta é día, é día, é día,
o galo cando canta é día,
imos de varanda, imos todo o día.

E como somos tan gandules,
gandules, gandules,
e como somos tan gandules
imos de varanda de sábado a lunes.

E como somos da ribeira,
ribeira, ribeira,
e como somos da ribeira
imos de varanda a semana enteira.

E como somos da orquestra,
da orquestra, da orquestra,
e como somos da orquestra
imos de varanda de festa en festa.

E como somos os gaiteiros,
gaiteiros, gaiteiros,
e como somos os gaiteiros
imos de varanda todo o ano enteiro.

E como somos os gaiteiros,
gaiteiros, gaiteiros,
e como somos os gaiteiros
para ir de varanda somos os primeiros.

35-UN ADIÓS A MARIQUIÑA - Re M

Como ti vas pra lonxe
i eu vou pra vello,
un adiós, Mariquiña,
mandarche quero,
que a morte é o diaño
i anda rondando as tellas
do meu tellado.

Cando deixes as costas
da nosa terra
nin lus nin poesía
quedará nela.
Cando te vaias
vaise contigo o ánxel
da miña garda.

 

36-LONXE DA TERRIÑA - RE m

Xoan Montes

 

Lonxe da terriña,
lonxe do meu lar,
que morriña teño,
que angustias me dan;


non che nego a bonitura,
ceíño desta terriña,
ceíño da terra allea,
ai, quen che me dera na miña.

Ai, meu alalá,
cando te oirei,
chousas e searas,
cando vos verei;


son as frores dises campos
frorentes e bonitiñas,
ai, quen aló che me dera
entre veigas e entre ortigas.

Lonxe da terriña,
que angustias me dan,
os que vais pra ela
con vós me levai,


os que vais pra ela
con vós me levai,
os que vais pra ela
con vós me levai.

37-MUIÑEIRA DO SANTO AMARO Treixadura

Señor cura, señor cura,

señor cura, señor cura

a doutrina non a sei,

pídame unhas cantiguiñas,

pídame unhas cantiguiñas

que eu llas repenicarei!

 

Moza bonita no mundo,

moza bonita no mundo

non debera de nacer,

porque fai como a mazá,

porque fai como a mazá

todos a queren comer.

Ser solteiro é boa cousa,

ser solteiro é boa cousa

e ser casado tamén,

deixarei pra cando morra,

deixarei pra cando morra

pensar no que me convén.

 

Por dicir Viva San Roque!,

por dicir Viva San Roque!

prenderon o méu irmán,

agora que o soltaron,

agora que o soltaron,

Viva San Roque e o can!

38-MUIÑEIRA DE DORINDA

Malvela

Aparta loureiro verde

deixa clarexar a lúa

se non vexo os meus amores

non vexo cousa ningunha.

 

Non quero zapato baixo

que se me enterra na area

non quero amores de lonxe

que os teño na miña aldea.

 

Ai la lalalá. Ai la lalalá...

Ai la lalalá. Ai la lalalá...

 

Paxariño milagreiro

non me comas as cereixas

que o meu marido está fora

non teño a quen dar as queixas

 

Eu non sei o que me deches

que non te podo olvidare

de día no pensamento

e de noite no soñare.

 

Ai la lalalá. Ai la lalalá...

Ai la Ialalá. Ai la lalalá...

 

Quen che dixo pau de buxo

que servías pra culleres

as mentiras son dos homes

e as verdades das mulleres

 

Penar por quen non te quere

e levar augas o río

non solo e perde-lo tempo

senón tamén o sentido.

 

Ai la lalalá. Ai la lalalá...

Ai la lalalá. Ai la lalalá...

39-MONTEALEGRE

Pepelau

Montealegre alegre vou

cando vou cun filio meu.

Eu para min hei de arranxar

non se pode calcular

o traballo que me deu (BIS)

 

Ela caiu e caiu e resbalou

e por debaixo da sala

un lagarto Ile marchou (BIS)

 

Ai, que sarillo! Ensarillada!

E o patrón por saber o que era bo,

fixolle un filio á criada (BIS)

 

40-MIÑAS COUSAS

Ansuíña

Teño unha galiña branca

que me veu de Redondela, (BIS)

da miña comadre o galo (BIS)

non me veña dar con ela.

 

Ai, la lá. Ai la lá. Ai la lá La ra la la la la la la. (BIS)

Veño de ver o meu liño,

que me dá pola cintura, (BIS)

non sei se é liño, se é herba,

non sei se é liño, se é herba,

bagalla non ten ningunha.

 

Ai, la lá. Ai la lá. Ai la lá La ra la la la la la la. (BIS)

Unha pera, dúas peras,

non tiña máis a pereira, (BIS)

unha pera fixo o sastre, (BIS)

á conta da costureira.

 

Ai, la lá. Ai la lá. Ai la lá La ra la la la la la la. (BIS)

41-POLO MAR ABAIXO

Los Tamara

Nosa señora do Carme

Que nos de o vento en popa

Nosa señora do Carme

Que nos de o vento en popa

Que somo-los de Marín

Levamo-la vela rota.

Que somo-los de Marín

Levamo-la vela rota.

Levamo-la vela rota.

E non nos quedan estrobos

Levamo-la vela rota.

E non nos quedan estrobos

Porque de tanto remare

Foron rompéndose todos

Porque de tanto remare

Foron rompéndose todos

Polo mar abaixo vai unha troita de pé

Corre que te corre, quen a poidera coller.

Quen a poidera coller, quen a poidera pillar.

Polo mar abaixo vai unha troita de pé.

 

Que vida máis exclaviña

A vida dos mariñeiros

Que vida máis exclaviña

A vida dos mariñeiros

Veñen cansados do mare

E mollados dos salseiros.

Veñen cansados do mare

E mollados dos salseiros.

Polo mar abaixo vai unha troita de pé

Corre que te corre, quen a poidera coller.

Quen a poidera coller, quen a poidera pillar.

Polo mar abaixo vai unha troita de pé.

Lara.lara.laila,la,la ....

Polo mar abaixo vai unha troita de pé

Corre que te corre, quen a poidera coller.

Quen a poidera coller, quen a poidera pillar.

Polo mar abaixo vai unha troita de pé.

42-A REGUEIFA

Lirolai

A regueifa está na mesa

e no medio ten un globo.

Para cortar a regueifa

veñanse á de Portonovo.

Ai lalelo ai lalalo

Si mo vedes por aí

o borracho do meu home

Fai o favor de decirlle

que hoxe na casa non dorme.

Ai lalelo ai lalalo

Unha vella e ben vella

vella da cabeza branca

Botou un peido na cama

fixo levantala manta.

Ai lalelo ai lalalo

Ala vai a despedida,

despedida dunha rosa.

Como me vou despedir

dunha cara tan fermosa.

Ai lalelo ai lalalo

 

43-FISTERRA

Treixadura

 

Fisterra vai na proa

Camariñas vai no mar

Santa Uxía de Ribeira

Poboa do Caramiñal

Eu tamén choro, cando non me alumean, meu ben, eses teus ollos, cando non me alumean, meu ben,

Eu tamén choro...

Se queres que brille a lúa

pecha os ollos meu amor

que mentras os tes abertos

a lúa pensa que hai sol

Eu tamén choro...

Para sardiñas Aguiño

para polbos Castiñeiras

para rapazas bonitas

Santa Uxía de Ribeira.

Eu tamén choro...

44-FOLIADA MARMURADORA

Treixadura

Marmúranme porque canto

e eu se canto fago ben (BIS)

mentras que canto non choro

nin falo mal de ninguén. (BIS)

Marmurai. Marmurai, marmuradores.

Marmurai, marmurai e non de min

Eu nunca, eu nunca fun marmurado

Senón da, senón da xente ruin. (BIS)

Ai lale. Al !alelo, ai lalalo.

 

Indo por aquí abaixo

camiño de Santa Marta (BIS)

buscando quen diga ben

que quen diga mal non falta. (BIS)

Marmurai...

Anque de min digan, digan

anque de min digan ben (BIS)

anque de min digan, digan

eu non digo de ninguén. (BIS)

Marmurai...

45-FOLIADA DE XIL DE CAMBADOS

Treixadura

Quixen facer un cigarro

Quixen facer un cigarro

por non perder o costume

e arreparei que non tiña

e arreparei que non tiña

tabaco, papel nin lume.

ai lalelo ai lalalo

Ai que rapaciña

que bonita é

n'hai outra en Cambados

que baile tan ben

que baile tan ben

que baile tan ben.

ai que rapaciña que bonita é.

 

Baila Farruquiño baila

Baila Farruquiño baila

baila que podes bailar-e

leváche-la millor moza

que había neste lugar-e

que había neste lugar-e.

ai lalelo al lalalo

Ai que rapaciña...

Moito me doe a cabeza

Moito me doe a cabeza

moito me doe o pescozo,

de mirar para o portelo

de mirar para o portelo

a ver se chega o almorzo

ai lalelo ai lalalo

Ai que rapaciña...

46-0 CANECO

Miña nai a min berroume por botar un ferrancholo

Se o botei fixen ben tamén o botou Manolo

tamén o botou Manolo tamén o botou Manolo

Miña nai a min berroume por botar un ferrancholo

E zumballe ao caneco e o caneco zumba

E zumballe ao caneco e o caneco zumba zumba. (BIS)

Vindo dos pobos da illa varei no medio do mare

agora dime rapaza cantos polvos che ei botare

cantos polvos che ei botare cantos polvos che ei botare

Vindo dos pobos da illa varei no medio do mare.

E zumballe...

Voteiche un polvo na saia túa nai ben me miroue

agora vaite queixare ó cono que te votoue

ó cono que te votoue ó cono que te votoue

Boteiche un polvo na saia túa nai ben me miroue

E zumballe...

Miña virxe do calambre Miña virxe do calambre

tódolos homes pequenos teñen o carallo grande

teñen o carallo grande teñen o carallo grande

Miña virxe do calambre, miña virxe do calambre

E zúmballe...

O cura desta parroquia, ese si que tivo sorte,

enterrárono onte á noite co carallo cara o norte

co carallo cara o norte co carallo cara o norte

O cura desta parroquia, ese si que tivo sorte.

E zúmballe...

A cona que non ten fondo, ai a cona fondo ten

se o carallo é pequeno a cona que culpa ten

a cona que culpa ten a cona que culpa ten

A cona que non ten fondo, ai a cona fondo ten

E zúmballe...

O carallo foi a cona Pensando de merendare

Meteu a cabeza dentro e non a poido sacare

e non a poido sacare e non a poido sacare

O carallo foi a cona Pensando de merendare

E zúmballe...

O carallo foi á cona pensando que era tallada

apretáronlle a cabeza jomitou pola paxara

jomitou pola paxara jomitou pola paxara

O carallo foi á cona pensando que era tallada

E zúmballe...

O carallo mais la cona Foron xuntos as amoras

Dixolle o carallo a cona Vamos foder duas horas

Vamos foder duas horas Vamos foder duas horas

O carallo mais la cona

Foron xuntos as amoras

E zúmballe...

 

Unha vella de Nigrán díxolle a unha de Perillo:

fagho eu máis cartos ca cona que o Ferreiro co martillo

que o Ferreiro co martillo que o Ferreiro co martillo

Unha vella de Nighrán díxolle a unha de Perillo

E zúmballe...

Unha vella do Perillo díxolle a outra de Nigrán

teño mais callos na cona que o ferreiro te na man

que o ferreiro te na man que o ferreiro te na man

Unha vella do Pereiro díxolle a outra de Nigrán

E zúmballe...

O carallo levo tu a min non me da proveito

faime cosquillas na cona á noite cando me deito

á noite cando me deito á noite cando me deito

O carallo levo tu a min non me da proveito

E zúmballe...

A puta da miña amija non ten pelos na paxara

de subir polos piñeiros e baixar escarranchada

e baixar escarranchada e baixar escarranchada

A puta da miña amija non ten pelos na paxara

E zúmballe...

E a rata tira, tira e o cura chora, chora

!ai mamasiña querida que me arrancan a pirola!

que me arrancan a pirola! que me arrancan a pirola!

E a rata tira, tira e o cura chora, chora

E zúmballe...

O cura desta parroquia disque non Ile medra o pelo

o que lle medra é o carallo de non ter onde metelo

, de non ter onde metelo, de non ter onde metelo,

O cura desta parroquia disque non Ile medra o pelo

E zúmballe...

Eu cominche ferros vellos, cagar caguei ferraduras

xa me está doendo o cu de cagar cousas tan duras,

de cagar cousas tan duras, de cagar cousas tan duras,

Eu cominche ferros vellos cagar caguei ferraduras.

E zúmballe...

A muller do Caballero non hai muller como ela,

de noite malla o furancho de día Manolo nela,

de día Manolo nela, de día Manolo nela,

A muller do Caballero non hai muller como ela.

E zúmballe...

Xa se acabou o caneco rematou o canequiño

xa se acabou o caneco xa non se bebe mais viño,

xa non se bebe mais viño, xa non se bebe mais viño,

Xa se acabou o caneco rematou o canequiño

E zumballe...

47-FOLIADA DE CERDEDO

Cantares de Brión

Éiche de contar un conto un conto de mil mentiras,

Éiche de contar un conto, un conto tódolos días

Ai lalelo al lalala.

E no medio, no medio da ría

ó frotar ió compás do cantare

o ventiño que viña de lonxe

ialle á ventana a petare

Ai lalelo ai lala lala la.

Ei de beber auga santa na fontiña dos teus ollos

por que son tan bonitiños que volven ós homes tolos

que volven ós homes tolos

Ai lalelo ai lalala.

E no medio...

Coitadiño, coitadiño, coitadiño do que chora,

quen comeu o alto verde non o pode botar fora

Ai lalelo ai lalala.

E no medio...

 

48-FOLIADA DE PONTEVEDRA

Ten as súas rías costeiras, areais de Pontevedra

ten as súas rías costeiras

onde tódalas rapazas son bonitas e feiticeiras

ai la le lo, al la la la lo

Somos do Lérez, terra da gaita

moito me gustas meniña, moito me encanta

somos do Lérez de Pontevedra,

vente comigo meniña, vente pra ela.

Ten a praia o varadeiro onde a espuma do mar salpica

ten a praia o varadeiro,

onde tódalas rapazas esperan os seus mariñeiros,

esperan os seus mariñeiros

ai la le lo, ai la la la lo

Somos do Lérez....

E nos montes de Pontevedra,

o vento que avala os pinos

e nos montes de Pontevedra,

leva para os que están lonxe

arumes da nosa terra, (BIS)

ai la le lo, ai la la la lo

Somos do Lérez....

49-FESTA NO MUIÑO

A Roda

"Eu non si, eu non sei... (facendo coro)"

Eu non sei que ten a morena,

eu non sei que a morena ten,

que todos Ile queremos ben

eu non sei que a morena ten.

Non sei que ten a morena,

non sei que a morena ten

Non sei que ten a morena que todos lle queren ben (2 BIS)

Non sei que ten a morena,

non sei que a morena ten.

Fun ó muiño con Paula, (BIS)

fun ó muiño con ela,

ela durmiu nos meus brazos,

eu durmin nos brazos dela.

eu durmín nos brazos dela

ailalelo, ailalalo.

Fun ó muiño con Paula,

fun ó muiño con ela,

ela durmiu nos meus brazos,

eu durmín nos brazos dela.

eu durmín nos brazos dela

ailalelo, ailalalo.

Heicho de dar si mo dás, queridiño,

heicho de dar si mo dás, xa verás,

heicho de dar con dúas cunchiñas,

pra que lle toque-lo chascarraschás. (BIS)

heicho de dar se mo dás, xa verás.

 

Heiche de da-lo boi branco

e maila vaca marela

e maila filla máis nova

pra que te deites con ela, (BIS)

ailalelo, ailalalo

E no medio e no medio da ría

compás, o compás do cantare

o ventiño que viña de Ionxe

ívalle á ventana petare (BIS)

ailalelo, ailalelo, lalo.

Coitadiño do que chora,

coitadiño, coitadiño,

cando as penas son grandes

non se poden botar fóra, (BIS)

ailalelo, ailalelo, ailalalo.

E no medio e no medio da ría

ó compás, o compás do cantare

o ventiño que viña de lonxe

íballe á ventana petare (BIS)

ailalelo, ailalelo, lalo.

50-FOLIADA DO CELTA
A Roda

Dixolle o sobriño o tío,
O entrar en Balaidos,
Dixolle o sobriño o tío,
Si ganámolo domingo,
fágoche socio de Río,

Fágoche socio de Río,
fágoche socio de Río,
O entrar en Balaidos,
dixolle o sobriño o tío.

"Sempre andas decindo pro ano que ven,
E chega outro ano, e pasa tamén,
E pasa tamén, e pasa tamén,
Sempre andas decindo pro ano que ven"

Dixéronlle o Presidente,
os de Tribuna cuberta,
Dixéronlle o Presidente,
Pra temporada que ven,
temos que cambiar de xente,
Temos que cambiar de xente,
temos que cambiar de xente,
Os de Tribuna cuberta,
dixéronlle o Presidente

"Sempre andas decindo pro ano que ven,
E chega outro ano, e pasa tamén,
E pasa tamén, e pasa tamén,
Sempre andas decindo pro ano que ven"

Foron os de Marcadore,
os que mais se cabrearon,
Foron os de Marcadore,
Que pedían a cabeza
do sr. entrenadore,
Do sr. entrenadore,
do sr. entrenadore,
Os que mais se cabrearon,
foron os de Marcadore

 

"Sempre andas decindo pro ano que ven,
E chega outro ano, e pasa tamén,
E pasa tamén, e pasa tamén,
Sempre andas decindo pro ano que ven"

Son os que nunca protestan,
os de Gol e Xenerale,
Son os que nunca protestan,
Como están tan separados
nunca se enteran da festa,
Nunca se enteran de festa,
nunca se enteran da festa,
Os de Gol e Xenerale,
son os que nunca protestan

"Sempre andas decindo pro ano que ven,
E chega outro ano, e pasa tamén,
E pasa tamén, e pasa tamén,
Sempre andas decindo pro ano que ven"

Son os que forman o lío,
os que tiran almohadillas,
Son os que forman o lío,
Os que tiran almohadillas,
son os de grada de Río,
Son os de grada de Río,
son os de grada de Río,
Os que tiran almohadillas,
son os que forman o lío

"Sempre andas decindo pro ano que ven,
E chega outro ano, e pasa tamén,
E pasa tamén, e pasa tamén,
Sempre andas decindo pro ano que ven"

"Sempre andas decindo pro ano que ven,
E chega outro ano, e pasa tamén,
E pasa tamén, e pasa tamén,
Sempre andas decindo pro ano que ven"

bloque 1

 

bloque 2